Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Este mundo non é serio

lunes, 03 de julio de 2017
Este mundo non  serio O domingo 25 asomaba nos xornais a nova de que un derrubamento de terras sepulta a 120 persoas nunha aldea de China. O luns 26 asomaba nos medios de comunicación a noticia de que a explosión dun camión cisterna en Paquistán deixou máis de 150 mortos. Estas dúas noticias se as poñemos xuntas na columna dun periódico non alcanzan para completar toda a columna. Polo menos nos dous xornais que leo diariamente non alcanzaron cada unha nin a metade da columna. Mentres que, cando aconteceu, por exemplo, o incendio dun edificio en Londres, no que morreron unhas 30 persoas ou algo máis (dise que aínda non se sabe a cantidade exacta), os medios de comunicación tiráronse días falando desa "hecatombe", desa desgraza, que si, é unha auténtica catástrofe, pero ó ser no mundo civilizado xa vai moito máis alá dunha simple calamidade.

Total, o de sempre: que hai mortos e mortos e que non todas as penalidades son iguais. Os chinos son unha morea deles e pouco lles afectan 120 habitantes máis, a maiores de que están moi lonxe e teñen un rostro raro, unha faciana achinada. Sobre os paquistanís... uffff; todos eles uns talibáns. Ó mellor ata nos libramos de 150 suicidas poñendo bombas por aí. Mentres que os ingleses, ai os ingleses, aínda que sempre andan ó revés, están aí ó lado, teñen unha lingua tan bonitiña que nos vai conquistando así coma quen non quere a cousa. E, o principal, son europeos, é dicir, civilizados.

Sinceramente, este noso mundo non é serio. Cando empezamos a distinguir ó ser humano pola súa condición da raza, do sexo, da cor, dos países, alá van os dereitos humanos da ONU a cazar biosbardos. Cando o ser humano empeza a dividir con muros e fronteiras, alá vai a liberdade a meterse entre as reixas dun cárcere feito a conciencia. É que xa obviamos o primeiro artigo de tal declaración, aquel que di que todos os seres humanos nacen libres (ai que me parto!) e iguais en dignidade e dereitos (xa!) e, dotados como están de razón e conciencia (principalmente conciencia), deben comportarse fraternalmente os uns cós outros (tal cal).
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES