A longa vida
Santalla, Iago - miércoles, 05 de julio de 2017
Francisco Núñez OIivera é un pacense que relata con absoluta lucidez 112 anos de existencia.
Trátase dunha fonte oral que cómpre aproveitar para rescatar as intrahistorias de principios do século XX, xa que Francisco é a nosa derradeira oportunidade.
Grazas a veloz difusión das redes sociais a memoria de Francisco está a salvo. Probablemente, ao recollela, estarase gardando o derradeiro testemuño da guerra de África e tantas outras anécdotas da intrahistoria que só Francisco pode contar en primeira persoa.
A longa vida lévanos a dispoñer de testemuñas históricas imprescindibles pero, no reverso da moeda, rétanos a responder á lonxevidade con benestar: a filla de Francisco ten 79 anos, de momento encárgase do seu coidado pero, por razón naturais, pode chegar o día no que ela mesma precise dese coidado. Polo tanto a lonxevidade ponnos diante dun reto humanitario no que nos xogamos estar altura do estado de benestar.
Ben mirado, este reto é unha oportunidade de crear emprego e riqueza. A responsabilidade de coidar e a lonxevidade poden dar lugar toda unha profesión xa definida na Lei de Promoción da Autonomía Persoal (que non de Dependencia).Isto convértea nun sector económico imprescindible para gozar e cumprir dignamente co ciclo da vida
Segundo Francisco o segredo dunha longa vida é: ter un corazón grande e nobre e defenderse de todas as cousas. Pois practiquémolo en colectivo.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora