Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traballo na casa

viernes, 25 de mayo de 2007
A quintaesencia do funcionariado é a súa estabilidade, que á súa vez é garantía de continuidade e profesionalidade das administracións, a salvo dos avatares políticos, e a pesar da politización dos cargos intermedios que cada cambio de goberno pon de manifesto.

Cando se queren por de manifesto os beneficios de ser funcionario, arguméntase que só falta que lle leven o soldo á casa para ser un xeito de vivir perfecto. Pois ata eso pode cumprirse.

Hai arredor de trinta anos presentouse como un gran avance na administración a existencia en Madrid dun grupo de funcionarios que traballaban en máquinas electrónicas (aínda non se falaba de ordenadores) que rexistraban todo o traballo que cada un facía, de xeito que permitía medir o rendemento de cada traballador.

Aquí e agora, informática de por medio, mil funcionarios do Estado en Galicia poderán traballar o próximo ano nos seus domicilios ata un cincuenta por cento da súa xornada laboral, unha vez se lles instale un ordenador, un teléfono e unha conexión inalámbrica a Internet.

Por medio de Internet, o traballo estará tan controlado como o que se fai na oficina, desconxestionaranse os cada vez máis agobiantes edificios públicos e permitirase a mil familias conciliar de forma xeitosa o traballo coa convivencia familiar.

É un primeiro paso, xa que as modernas técnicas permitirán unha desconcentración case total dos efectivos administrativos, de xeito que a Administración tal como hoxe a coñecemos non terá moi axiña razón de ser.

Levarlle o soldo á casa, non. Pero traballar desde a casa case é o mesmo, e – polo que se pode apreciar- todos contentos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania