Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Obesos felices con problemas

jueves, 24 de mayo de 2007
Seguimos tendo que reflectir a existencia de enquisas que nos afectan globalmente, e radiografían determinada parte ou aspecto do noso ser ou actuar.

Unha delas –noticia publicada por www.galiciadigital.com- sinala que seis de cada dez galegos padecemos obesidade ou sobrepeso, e oito de cada dez non imos ó médico nin estamos dispostos a ir para solucionar este problema, a pesar de que todos sabemos que a obesidade e o sobrepeso é un problema de saúde. A metade de nós non consome a froita recomendada, e só o seis por cento coñece o seu Índice de Masa Corporal,.

A obesidade aumenta Galicia un 8% máis ca no resto do Estado, de xeito que xa un 23% dos galegos somos obesos.

Xunto a estas cifras vemos as que sinalan que sete de cada dez traballadores están satisfeitos co seu traballo, segundo a enquisa de Calidade de Vida no mundo laboral do Ministerio de Traallo e Asuntos Sociais, sinalando o ambiente de traballo e a actividade desenvolvida como os factores máis importantes para esta satisfacción.

Sempre se nos presentaron as persoas obesas como sinónimo de felicidade e tranquilidade, mentras que as flacas serían imaxe de mal xenio. Curiosamente, as porcentaxes de persoas con sobrepeso case coinciden coas de felices no seu traballo. Nada teñen que ver entre sí as dúas enquisas, e tampouco conduce a nada frivolizar cos resultados.

Mentalicémonos os galegos de que o sobrepeso é unha enfermidade, e teñamos por certo que alixeirando equipaxe corporal seremos verdadeiramente todos máis felices, no traballo e fóra del.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES