Onde nos doe
Editorial - miércoles, 23 de mayo de 2007
Estamos en tempo de enquisas. Trátase de saber o que os galegos imos votar, por onde van as nosas preferencias, os nosos gostos, que consumimos, que nos preocupa, en que cremos
todo, para conseguir radiografiarnos de xeito que se nos poidan vender máis productos que nos satisfagan, sexan estes materiais ou inmateriais.
As enquisas poden estar promovidas por entidades e institucións, fundacións ou medios informativos, que adquiren un protagonismo que doutro xeito estaría moito máis diluido ou sería inexistente.
Un medio informativo, de paso que preguntaba pola intención de voto, preguntou polos temas que preocupan ós galegos, resultando que o emprego é o tema máis preocupante, pero tamén a vivenda, o trato que lle damos ó medio ambiente, os soldos e as pensións, o tráfico
en fin: os temas que todos sabemos, que están presentes a cotío na nosa vida, porque ninguén como un enfermo para saber onde lle doe.
Eso é o que teñen que ter presente os políticos, saber onde nos doen ós galegos as nosas carencias. Dóennos no corpo ou na alma os temas de cada día, as carencias, os problemas familiares, a casa, o traballo, a seguridade
non temas presuntamente de Estado, elevados e polo tanto distantes, que os políticos deberán atender pero tendo presentes prioritariamente os problemas nosos de cada día.
Sabemos onde nos doe. Só fai falla agora que se enteren os nosos gobernantes.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora