Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non é broma ningunha

lunes, 26 de junio de 2017
A nova que asomou en portada con grandes titulares en La Región o venres pasado sobre que os nacementos caían ó mínimo na provincia de Ourense (menos de cinco ó día), para este molgués tan só ten dúas lecturas: ou usamos pouco o dálle que dálle, é dicir, o "ñaca-ñaca la Cigala" ou non está o tamborileiro para gaitas, ou sexa, que ter algo máis de un ou dous fillos xa é ter moito. Creo sinceramente que a segunda opción, o segundo atranco (porque é un atranco) é que a situación está realmente fodida (perdón pola expresión, pero é que xa que falamos de nacementos ata lle pode ir ben). Ten que ser á forza esta opción a que nos free, porque, sinceramente, a quen non lle gusta un doce!, e non me diredes que o zumba e dálle non está rico.

Agora en serio (porque a situación non é para mofarse), a cousa está mal, moi mal, e por moito que digan que estamos en recuperación. Non sei quen estará en recuperación. Sei, porque o vexo e, tamén, porque o vivo, que ter xa hoxe un par de fillos ponse moi costa arriba. Un par de fillos non é algo temporal; é unha carga (coidadiño!, só económica) que tes de por vida. Os tempos que estamos vivindo xa vedes que van moito, pero moito máis alá daquel típico pan e touciño con que se subsistía antigamente. Pan e touciño e o lume na lareira, e vai parando. Agora ata case se pode dicir que os gastos de dous fillos son o de menos.

Si, é certo, hai moitos máis asuntos para analizar: o mercado de traballo, as telecomunicacións, as infraestruturas...; eu tan só pillei eses dous puntos pola brincadeira, polo enredo, aínda que recoñezo que non é broma ningunha. Pero aínda así comento outra broma: que nos preocupamos porque desaparecen os pobos, cando realmente, a esta marcha, quen realmente desaparece é Galicia. Así é que non queda outra que darlle ó tan-tan e bailar sobre unha cama ben estrada e mellor mulida. Veña, ánimo, que hai que recuperar poboación.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania