
Manuel e mais eu viñamos de pasealo Tambre, po la beira que seguen os pescadores de troitas, entre xuncos e fentos de humidais, escoitando o falar dos corvos nas leiras xa limpas de millo, entre Oca e Lens
As arbres nadaban no río e formaban un cadro de verán, pola coor que provocaba o sol raso na auga, mentres os corvos veña berrar, uns ós outros e tamén a nos, ó noso paso polo muiño vello, que a mín dame arrepío porque houbo alí varias mortes nunha de esas crecidas do río.
A meu compañeiro de paseos verdes cando lle da por falar da morte non para; e ista vez daba risa velo tirarlle pedras os corvos, coma de rapaz, porque
Tran a morte; cando se rín así de nós e que tran a morte
A fantasía de Manuel non ten límites pero vese as veces superada por algún personaxe ou personaxes que nos saen o paso no noso traxecto por as verdes terras de Ames, un concello que honra o seu nome polo faladora que resulta a sua xente.
O chegar a Lens ese día Manuel atopou as suas amigas desta parroquia, que agardaban polo autobús
Unha delas, creo que lle chaman Asunción, dixolle:
Manuel, se te pos enfermo que non te leven o Clínico, porque seica Montoro quere acabar cos vellos; que din que mandou poñer as inxeciós da morte para matarnos a todos os que poida
Pasei eu media hora tentando convencer a aquelas señoras de que nin Montoro nin Feijóo o noso presidente de Galicia- farían tal falcatruada, pero respostáronme dicindo que a nova viña de boa tinta, porque unha daquelas mulleres tiña una filla que era amiga da prima da limpiadora da cafetería do Clínico; e que a rapaza sabía escoitar.
Non as convencín pero, de regreso hacia Oca, ía pensando que os políticos non deberían falar tan alegremente das pensións, para non espertar a inocencia desta nosa xente do rural, que ainda recorda aquela guerra, a fame que pasaron, a masiva emigración, e
¡Seica todo principiou porque os políticos falaban da crise
!
Vai sendo hora de que os que nos gobernan, sin mentiras, conten a xente que vai ser das suas pensións, que nin os que voltaron de Suiza están seguros de que poidan vivir delas nun par de anos
O chegar a Oca, onde tiñámolo coche, Manuel sentenciou
Matar non nos mataran pero foder hannos foder
Michael Moore tería temas de abondo nesta Galicia nosa para seu próximo documental. Non hai que esquecer que case a metade da población do país vive no rural
e, moitísimos, da sua miserable pensión.
Ós vellos non nos matarán cunha inxeción letal, coma fixeron os nazis cos xudeos, pero a este paso sí os matarán de fame
.