Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seriedade nas vivendas protexidas

martes, 22 de mayo de 2007
Somos os galegos dados a facer “tabula rasa” coa lexislación, adaptándoa ás circunstancias persoais, de xeito que facemos verdade o vello aforismo de “feita a lei, feita a trampa”.

Coas vivendas acollidas, protexidas ou subvencionadas sempre houbo manga ancha, e todos escoitamos que na primeira compra hai casos nos que se pide diñeiro negro, logo non se reside nelas, ou se venden antes do que a Lei permite por cantidades axeitadas ó mercado da vivenda normal. En fin: que aínda que o sector está perfectamente regulado, o da vivenda protexida foi ata agora un campo aberto a todo tipo de iniciativas aventureiras.

Pero – aviso ós navegantes – parece ser que a partir de agora non vai ser así e a Consellería da señora Táboas vai manter con man firme a seriedade da lexislación, aplicándoa de xeito exemplarizante para evitar sorpresas e irregularidades futuras.

En Ourense, a Consellería vai multar con 3.010 € a 43 propietarios de chalets, vivendas protexidas no concello de Pereiro de Aguiar, á beira da capital da provincia, por non residir neles. A inspección, rigorosa como se supón que debe ser, detectou escaso consumo eléctrico, descuido nos xardíns, timbres que non funcionan, suciedade, e outros síntomas que parecen claros. Os veciños teñen agora ocasión de respostar ós cargos da Consellería, e demostrar a ocupación das vivendas.

Como toque de atención, non está nada mal para poñer firme un sector que ten debilidades que compre corrixir para ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES