Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un exemplo concreto

jueves, 22 de junio de 2017
Para ben ou para mal, todos damos exemplo; unhas veces bo exemplo e outras….
Ben, pois…
Nas aldeas hai enterros a miúdo.
No día a día vai pouca xente á misa; maioritariamente persoas de idade xa avanzada, aquelas persoas que recibimos na infancia unha formación máis ou menos relixiosa.
As que levamos no noso corazón esa semente da fe que queremos conservar, mellorar e transmitir ás xeracións futuras.

Xuventude na igrexa: moi pouca ou ninguna; soamente cando van ó enterro ou cabo de ano dos avós ou dos pais.
¡Eso si!
Cando se enterra unha persoa xove, a xuventude acode en masa.

Nenos xa van moitos menos á misa e loxicamente tampouco van á catequese. Medran á marxe desa formación.
¿PENSAMOS ALGUNA VEZ POR QUE SE DÁ ESTE CAMBIO TAN BRUSCO EN TAN POUCO TEMPO?
Hai persoas de idade avanzada que din que a xente nova xa non cre neso, que tal e que cual…
Se fora certa esta afirmación, non acudirían en masa cando falece xente nova.
¿QUEN DIXO QUE A XENTE NOVA NON É SOLIDARIA?
¿QUEN DIXO QUE A XENTE NOVA NON NECESITA A FE EN DEUS?
¿QUEN DIXO QUE A XENTE NOVA NON TEN UNHA ALMA QUE SALVAR?
¿QUEN DIXO QUE AXENTE NOVA NON VAI TER NECESIDADE DE AGARRARSE A “ALGO” OU A “ALGUÉN” CANDO A VIDA A POÑA A PROBA?

A xente nova é como a de idade avanzada: todos estamos feitos da mesma masa.

A MIN GUSTARÍAME QUE AS PERSOAS DE IDADE AVANZADA SE PARARAN A REFLEXIONAR SOBRE O EXEMPLO QUE DAN CANDO ACODEN A UN ENTERRO:
-Enténdese que se acoden a un enterro é porque aprecian á persoa finada e á súa familia. ¿Non?
-Tamén se entede que se acoden a un acto relixioso según o costume da Igrexa Católica, algo cren. ¿Ou non?
-Igualmente se entende que nestes casos a igrexa utilízase como lugar de culto. ¿Ou estou equivocada?
-E suponse que todos temos o alcance suficiente para saber comporarnos en tales ocasións…
Non sei o que opinará vostede, pero eu –que son muller de igrexa- vexo comportamentos que dan moi mal exemplo á xente nova a parte de ser unha falta de respeto ás persoas.

Vexamos:
-HAI UNA FAMILIA QUE ACABA DE PERDER UN SER QUERIDO. TEN O CORAZÓN DESTROZADO E A ALMA PARTIDA.
¿Procede que o resto alborote, fale de todo o habido e por haber como se no pasara nada?
A min paréceme que non, pero xa me dá que pensar se estarei enganada porque a maioría da xente non se priva de nada.
A veces non se sabe se estás nunha feira ou nunha igrexa.

-HAI UNHA FAMILIA QUE POLAS RAZÓNS QUE SEXA, DECIDE FACERLLE O CABO DE ANO A UN PARENTE.
Eu vivín esa experiencia unha vez e prometín que non quería repetila porque sufrín tanto como o propio día do enterro.
Supoño que as persoas que se ven nese caso, tamén sufrirán.
Non sei se lles pasa a todas o mesmo.
O que si sei é que aparecen parentes, amigos, coñecidos, descoñecidos, persoas que xa no se recorda cando pisaron a igrexa e …
¡Veña balbordo, veña “feira”!
Compostura ninguna ou moi pouca.

Pero os aniversarios do pasamento, fanse por costume, por tradición, por facer como todos, polo que dirán ou quizais porque pensen que a alma da persoa finada o precise.
Non sei. Non xulgo.
¿Quen son eu para facelo?
¿Permíteme que opine e pense en alto?

SE ESTA MANEIRA DE COMPORTARSE É A CORRECTA, COMPRENDO PERFECTAMENTE QUE A XENTE NOVA NON QUEIRA SABER NADA DESO.
¿Para que?
¿Ata onde queremos chegar?

Falando desto, hai uns días que me comentaba unha persoa adulta, que era a ocasión axeitada para saudar a persoas que doutra maneira non se vían.
Saudar ás persoas que fai tempo non se ven, é normal; pero no seu momento.
A min ese razoamento non me convence.
Se por saudar a un amigo, molesto ó que está sufrindo…
Aínda que nos interesara vela e conversar coa pesoa amiga…
Deberíamos busca-lo momento e o lugar axeitado. ¿Ou non?
Unha igrexa é un lugar público; pero non é un bar.
Unha igrexa é un lugar onde se debe gardar una compostura, non é unha feira nin o campo da festa.

A MIN NON ME GUSTA ESTA MANEIRA DE PROCEDER; NON PORQUE A MIN ME MOLESTE, SENÓN PORQUE TEN GRAVES CONSECUENCIAS PARA A XENTE NOVA.
Porque a xente nova merece bo exemplo.
A xente nova merece respeto.

“A XENTE NOVA MERECE RESPETO”
Este será o título do seguinte artigo.

Por hoxe só me queda agradecer a tódalas persoas que saben dar bo exemplo.
Elas son o sal e a luz da terra.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES