Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De vacas, máis alá das Spice Girls

viernes, 23 de junio de 2017
De vacas, mis al das Spice Girls Hai poucas semanas saía nestas Testemuñas da Memoria unha reportaxe sobre un dúo musical (Blues do País) que versionaba, con moita retranca, temas do blues e do jazz. Hoxe tócalle a un cuarteto que versiona, con moita brincadeira e máis simpatía temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Estou a falar de De Vacas, o grupo vocal formado pola Pinta, a Marela e a Morena (segundo a cor de pelo de cada unha), ó que se lle agregou o guitarrista Guillerme Fernández, que foi un dos fundadores e compoñentes de Berrogüetto, ese grupo que xa é historia viva na música galega.

A ver, cando De Vacas asomaron coa su actuación pola Valenzá, desde un principio, souben que tiña que velas, aínda que só fose polo nome. Tireime media vida entre vacas e a outra media aínda se pode dicir que sigo con todo o relacionado con elas. E iso, quéirase que non, ata, ata moito. Sempre fun un admirador das vacas. Como di a Pinta: "identificámonos con elas, co seu ritmo lento e con toda a vinculación que ten coa nosa cultura e coa nosa contorna". Principalmente con todo o que representaron para o rural galego. Ata penso que as vacas, en tempos, foron o sustento de todo un país, do noso país.

O grupo De Vacas naceu o ano pasado, 2015, coa idea de facer un grupo de versións unicamente de cancións das Spice Girls, das que aseguran que foron un referente da súa infancia. Pero tan axiña como o guitarrista Guillerme se uniu ó trío feminino convenceunas para ampliar o abano musical. E daquela fan versións todo o que se pode versionar, desde cancións en coreano ata o inglés, pasando polo romanés, brasileiro, castelán... e galego, faltaría máis!

O traballo que levan a cabo adoitan dividilo en dúas fases: a primeira é a máis complicada, que é a de elixir os temas, que ademais teñen unha produción marcadamente comercial. Teñen que extraer a esencia e darlle un carácter persoal sen desvirtuar a canción. Despois, na segunda fase, entra a parte vogal, na que aparecen, claro está, Faia, Inés e Paula, que bordan as versións porque, a maiores de ser guapas de carallo, cantan coma os anxos.

Hai un ano tan só que empezaron, pero xa son todo un fenómeno, grazas ás actuacións que levan a cabo por cada recanto das aldeas, vilas e cidades e, principalmente, pola Internet, o mellor medio de comunicación existente hoxe en día. De aí que, en principio, hoxe aínda non teñan intención de gravar ningún disco. Quérenlle ó público e débense ó público. En directo. Como debe ser.

Paula Romero (A Morena) naceu en Santiago de Compostela e ós catro anos xa comezou apuntándose ás clases de pandeireta e canto tradicional galego que ofertaban no seu propio colexio. Logo estudou canto moderno e coñeceu ás súas dúas amigas cantando no Coro da Ra.

Faia Díaz (A Pinta) tamén naceu na capital de Galicia e na súa casa hai unha vinculación moi forte coa música. Lóxico!, o seu pai é un dos compoñentes de Fuxan os Ventos. (Neniña, nos anos oitenta, os veciños do edificio no que vivía eu en Madrid tiveron que quedar de Fuxan os Ventos ata os mesmos "cataplíns", porque as súas cintas facían ferver a miña casete; practicamente todo o día con Fuxan os Ventos a voltas). Faia estudou no conservatorio algo de piano e tamén canto lírico.

Inés Salvado (A Marela), tamén de Santiago. Os seus estudos colleron o camiño do audiovisual e das artes escénicas. Ós nove anos meteuse no conservatorio para estudar clarinete. Na Universidade descubriu o Coro da Ra e pasouse á música vogal.

Guillerme Fernández é o único do cuarteto que non naceu en Santiago, fíxoo en Vilagarcía de Arousa. Igual que Faia, na súa casa tamén se vivía a música. e confesa que grazas ós vinilos do seu pai o seu achegamento á música foi total. E tanto!, pois como xa dixen, ser fundador e compoñente de Berrogüetto non é moco de pavo. A maiores, tamén colabora con Xabier Díaz, Espido e Guadi Galego, que tamén xa son palabras maiores.

De Vacas, un grupo de versións malas para acomodalas en plan de coña a uns termos lúdicos e que van moito máis alá das súas queridas Spice Girls.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES