Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 21 de junio de 2017
Contigo, Portugal, Sempre!

Menos mal que nos queda Portugal. Hoxe, algo menos; algo así como máis de 60 persoas menos. Unha auténtica desgraza. Unha auténtica pena. É difícil de asimilar que un incendio, hoxe en día, se cobre tantas vidas. Non sei, ó principio pensas en dúas, tres, cinco persoas, pero en máis de 60; iso é terrible! O que pode acontecer agora é que, a partir desta traxedia, se empecen a analizar profundamente os verdadeiros motivos de tanta desgraza, a maiores da chispa, do raio que seica foi o causante de tal calamidade. Pode que a partir deste infortunio se empecen a tomar medidas, o que nos demostra que é sempre igual: que ten que pasar algo grave para actuar... en Portugal, en España, en calquera lugar. A unha desfeita con poucos falecidos sempre lle achacamos o asunto á imprevisible natureza. Agora empezamos a pensar nas limpezas dos montes, en brigadas contraincendios ben preparadas, en material adecuado e suficiente para vencer esas adversidades. Pero será a partir de agora, é dicir, logo de máis de 60 mortos. Contigo, Portugal, sempre!
Pingas de Orballo
Eran outros tempos

Toda unha vida queixándonos de que no noso país non dimite ninguén, desde un adestror de fútbol, por exemplo, ata un político. A verdade é que cando pedimos ou falamos moito dunha dimisión, penso que nos referimos máis a unha dimisión política. Porque tamén é verdade que hai por aí cada politiquiño... E despois tamén hai eses que van máis alá da propia poítica, ou sexa, do chamado "mangoneo". Ó descubrilos pedimos a súa dimisón, pero nada de nada. Non nos fan caso. Eu realmente aínda non sei como dimitiu o alcalde de Baños de Molgas don Enrique Rodríguez alá polo xaneiro de 1898. Claro, vendo o ano que é non queda outra que dicir: eran outros tempos. A nova que se publicou o 26 de xaneiro non di o motivo e sendo outros tempos, vai ti verificar o asunto. Si sabemos, non obstante, que o substituíu don Juan Francisco Alonso. No século XIX dimitían algúns. No século XXI non dimite nin Rita a Cantaora. E mira que os hai con motivos... Por iso é que, Baños de Molgas aí está, á vangarda da decencia. Que ninguén fale mal de nós.

Unha boa trama policial

Pingas de OrballoNon é que sexa unha obra mestra, nin quizais unha gran novela, pero “Sucios e malvados”, de Juanjo Braulio, faite pasar uns días de lectura moi entretidos. Nela combina unha trama policial cunha moi boa reflexión sobre o sexo, a xustiza, o poder e a violencia contra as mulleres, e coa cidade de Valencia manifestándose coma un personaxe máis. “Sucios e malvados” quizais teña un pero: que ás veces semella que o autor mete páxinas que non veñen moito a conto, que se parecen máis a eses estúpidos diálogos de Telecinco neses programas de poñerse a parir uns a outros; nesas páxinas quere amosar quizais un mundo “pijo”, pero que non cadran ben no contexto da novela. Fóra diso, e a pesar do seu volume (seiscentas e pico páxinas), o libro está ben, bastante ben. O autor valenciano Juanjo Braulio xa asombrara á crítica coa súa primeira novela, “O silencio do pantano”, na que contaba mentiras para dicir verdades.

Segundo é porca, é bonita

Aínda que polas tardes sexa labrego, da casa á viña vou lendo e da viña á casa regreso lendo. Hoxe, cando ía para a casa lendo, notei un movemento que me fixo levantar a vista do libro. Nun principio semellóuseme un esquío, pero axiña vin que era unha bubela. A miña sorpresa foi maiúscula cando, ó ir achegándome, a condenada non escapaba. Raro, moi raro. Despois xa vin que era noviña. Saquei o móbil, deille á cámara, aumenteille un pouco o zoom e, zas, dálle que dálle. E cada vez me achegaba máis, e ela nin caso. Houbo un momento no que ata confiei en que podía atrapala, collela. Botei de menos un jersei para botarllo enriba. Fixen intento de pillala, pero claro, voou. Pero durante un bo cacho e unha ducia de fotos vin toda a fermosura dese paxaro. Si, ten fama de porca porque anda sempre peteirando na merda; pero segundo é porca, é bonita, bonita de verdade. Cando estendía a crista, aquilo xa era o non vai máis. Foi a única recompensa que tiven nunha tarde de preto do 40 graos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES