Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xaquín

lunes, 19 de junio de 2017
Xaqun Cumprir oitenta anos non che é cousa calquera. Eufemisticamente, cando un chega a esta cifra, está de cheo na chamada terceira idade, definición que a min, que quer que lles diga, non me gusta nada. Primeira, segunda, terceira, tanto ten! O realmente importante é sentirse útil facendo o posible porque os demais sexan felices e os efectos colaterais da parcela do sufrimento deixen a mínima pegada. Nisto andou o meu amigo Xaquín Campo perante gran parte deses oitenta anos que agora cumpre, e un grupo de amigos reunidos baixo a denominación de “Ganduxando Vidas” veñen de facerlle un recoñecemento público en agradecemento desa entrega cara aos demais.

É posible que a Xaquín non lle agrade moito ser o protagonista desta festa con todas as miradas dirixidas cara á súa persoa, pero non hai que contradecir aos amigos e non tivo outra que se deixar levar.

Xaquín e mais eu somos amigos dende hai tempo cando coincidimos en tarefas sanitarias no PAC de Fene. Dixéranme que alí traballaba un daqueles cregos que chamaban “obreiros” que compaxinaba a tarefa de aliviar as doenzas do corpo coas do espírito. Axiña decateime do humanismo de Xaquín e fixémos boas migas falando sobre todo máis do humano que do divino, máis do cristianismo que do catolicismo, máis de axudar que de amolar , máis de practicar que de teorizar, en fin máis de humanismo que de materialismo. Así as cousas non foi dificil manter o noso dial en boa sintonía.

En Xaquín vin a un home entregado pola causa de axudar aos demais , a todos, pero fundamentalmente aos que máis o nesitaban. Viña de loitar na defensa dos traballadores en tempos moi difíciles onde ser demócrata e defensor dos dereitos humanos era un delito, e crego comprometido unha afronta ao sacro principio do nacional catolicismo. E aí estaba Xaquín xunto a outros cregos coma Cuco Ruíz de Cortazar, de indeleble recordo.

A bonhomía de Xaquín camiñaba e camiña xunguida ao amor pola terra que o viu nacer hai agora oitenta anos porque está xunguido a ela e porque forma parte dese pobo suburbial e mariñeiro do que fala Manuel Maria no seu poema “Idioma Meu”, idioma que Xaquín fala de cotío fuxindo da disglosia imperante na que unha fala avasalla á outra, sabedor do que significa como patrimonio, do preciso que é coidala e usala: así non morrerá.

Con todo este bagaxe é normal que a unha persoa se lle faga unha homenaxe e que se edite un libro onde os seus amigos manifesten o que opinan del . Alí estiven o día 10, en Narón, para cantarlle o “Cumpre Anos Feliz” porque Xaquín o merece e porque para min é unha honra poder contar con el como amigo. Abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES