Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A maldita forza da natureza!

lunes, 19 de junio de 2017
A maldita forza da natureza! A maiores dos sempiternos atentados da Gran Bretaña e da moción de censura contra o goberno de Mariano Rajoy (pena non saír adiante!), o gran acontecemento con que rematou a semana pasada non foi outro que o tempo climatolóxico, esa vaga de calor que nos deixou máis que fundidos.

O sábado, se en Ourense se chegou ós 40 graos, asegúrovos que na Costa da Gándara sempre hai tres ou catro graos máis (non é ningunha esaxeración), e baixo eses corenta e pico un servidor pensaba que se asfixiaba sulfatando (e, ollo ó dato!, sulfatar para nada, por culpa da xeada do mes pasado), pero, si, aguantei.

Os que non aguantan son eses nenos que teñen que convivir en colexios en condicións pésimas. Porque, non sei se caestes na conta, pero os colexios e os pavillóns sempre son os malparados en distintas condicións climatolóxicas. Por que será? Nos invernos, como asome unha pequena treboada, alé, alá van tomar para aquel sitio os tellados (de uralita, claro). Nos veráns, como asome unha pequena vaga de calor, ale, xa afoga un baixo a uralita, claro, e porque, ó ser obras públicas moitos construtores foxen do material que é unha marabilla. Precisamente neses sitios nos que viven ou conviven os máis vulnerables. A Xunta e o Estado lávanse as mans achacando todas as desgrazas á maldita forza da natureza.

Agora fálase de que rematen axiña os colexios. Pode valer. Pero tamén valería que os colexios estivesen como deberían de estar, en condicións máis que óptimas. E falando de nenos incluso se podería desexar en condicións excesivamente óptimas ou súper óptimas. Ó non estar, pasa coma con todas as calamidades, que cando acontecen, despois, botamos as mans a cabeza.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES