Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Piragüismo: LV Travesía da Ría de Foz

sábado, 17 de junio de 2017
1962 foi ano pródigo en cultura e deporte locais. O alcalde Pepe Beltrán, querendo sacar partida ás augas da ría, pensou na posibilidade de logralo co piragüismo que podería axeitarse mellor ás condicións naturais da mesma, e con ese fin organizar unha travesía anual.

Tivo a intelixencia de involucrar nela a Jacinto Regueira Alonso, árbitro internacional; de grande prestixo no mundo da especialidade; namorado da súa práctica; disposto a realizar canto esforzo e dedicación requerise. Ó longo da vida non coñecimos persoa con tal entusiasmo en faceta algunha; tanta ilusión e entrega por acadar os obxetivos cos que que soñaba.

E conseguíuno, en boa medida, debido á súa reputación no mundo do piragüismo: ascendencia que exercía dende a absoluta modestia, honestidade e altruismo; de contado a cita acadou soa entre os practicantes do litoral norte, e dos clubes fluviais de Asturias e Galicia e Castela/León, procedencia da maior parte dos palistas; declarouse a proba puntuable para o nacional.

Jacinto Regueira chegaba a Foz no coche de líña a véspera da proba, cargando ó lombo con bandeiras, boias, cordas, sinais e demais pertrechos organizativos e aquí o esperaban os numerosos trofeos que ocupaban unha boa parte do seu tempo, pois debía clasificalos e ordealos pola importancia dos mesmos se corresponderan co posto logrado na competición.

A entrega espertaba grande expectación, para a que se instalaba un amplo palco nos xardíns Conde de Fontao diante dunha multitude que os abarrotaba.

Jacinto Regueira, mestre nacional; home de personalidade, puntualidade inglesa; cronómetro e regulamento por bandeira, fora presidente das Federacións Galega e Española;ésta nomeouno vocal do Comité Técnico de Ascensos e Travesias; diploma do Comité Olímpico Internacional polo seu labor a prol do deporte; dirixira competicións e cursiños para árbitros en medio mundo.

El foi alma e corpo do acontecemento que tanto nome díu a Foz no derradeiro medio século que o vindeiro domingo vivirá a súa 55ª edición. Todo un récord. O persoeiro singular – non doado de esquencer - finou hai 15 anos(outubro de 2002), na Coruña.

Entre vellos papeis gardamos unha caricatura súa realizada polo debuxante lugués Mouriz, con expresiva dedicatoria do deportista, testemuño da nosa afectuosa relación.

Cando en Foz se fale da historia do piragüismo local, non pode obviarse o nome de Jacinto Regueira; sería imperdoable.

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES