Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do camiño: Rural sen futuro

viernes, 18 de mayo de 2007
OITAVA do San Cidre. Seguen as festas. No campo universitario e na Milagrosa. O pasado domingo aportamos datos e detalles da calamitosa desfeita do agro galego. Algúns lectores sumáronse á reflexión e aportaron suxestións e ideas.

Velaí unha señora: "cada día queda menos do que foi un importante pobo cunha cultura e forma de vida. E o xeito de pensar, de convivir, de entender a vida e de se integrar coa natureza. As aldeas están nas últimas. Xa son irrecuperables. A vida rural era moito máis quente e enriquecedora cá frialdade e a pobreza das actuais vilas e cidades".

Segue: “O máis triste é que esta catastrófica situación non foi casual senón que foi querida e orquestrada polos poderes do propio País. Non se planeou a reconversión para fixar poboación e mellorar as condicións de vida mantendo a produción agrícola e gandeira nun nivel rendíbel. E o máis grave aínda foi que non houbo vontade de facelo”.

E remata: "agora que estamos en época de eleccións, gustaríame facer unha chamada aos políticos para saber que pensan facer co rural: ¿¡Canto tempo ten que pasar para que se degrade de todo o noso País gobernado con esquemas alleos!?".

Agora, continúo pola miña conta: ¿onde están os políticos que din querer tanto á xente do rural!? ¿U-los que prometeron, aínda non hai moito, arranxar o futuro, fixando a poboación!? Prefiren ollar cara outro lado. Falar do AVE, de Internet, do Plan Galiza, das fontes.... ¿¡Quen ten a obriga de mudar este camiño errado que leva á desaparición total da riqueza e fartura do rural galego!? Parece que non son rendibles nin os votos.

Son poucos. ¡Non vale a pena! "¡Que País, mamaíña!", di un amigo meu da Montaña .
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania