Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marañada de frases

lunes, 12 de junio de 2017
Maraada de frases Este luns, e así coma quen non quere a cousa, este Recuncho estará composto dunha auténtica marañada de frases: Moita mofa nas redes sociais pola compra do Banco Popular por tan só un euro; pero, mirade, eu, por esa cantidade (que é unha cantidade que, grazas a Deus, teño) non o compraba nin o comprei.

Empeza o verán e empezan a abrirse as piscinas; pero baixo a problemática da auga. Ó mellor algunhas non o van ter nada fácil. E seica o verán enteiro, climatoloxicamente falando, non pinta nada ben.

O Consello Regulador do Ribeiro calcula que as xeadas afectaron a un 55% das viñas. Poida que digan a verdade, pero eu tampouco conto ningunha mentira ó dicir que a algúns ou a bastantes viticultores si lles afectou ó 100%, a miña muller entre estes. Mais non podo seguir falando deste tema porque teño uns xefes que me rifan; como o digo!

Para min os culpables dos anglicismos que nos están invadindo (selfie, bullying, Ourense Rock Sound, Ourense ICC Week, shopping night e un longo etcétera) son os medios de comunicación.
A xente sabe das cousas porque as le ou as oe; se leran ou oíran autorretrato, acoso, etc. o lector ou oínte diría estas palabras. Será que as inglesas son máis internacionais, máis chics. Será.

Tamén o fútbol ten cabida nesta amasadura de frases escritas a causa de Piqué; e aquí tamén lle dou a razón a el cando critica ós periodistas por facerlle preguntas que non veñen a conto, futbolisticamente falando. Claro, será porque ás veces seica bota a lingua a pacer. E no noso país as verdades sempre doeron de carallo. Que llo pregunten a Clemente, que tamén disque esbardallaba, baduaba moito... e non conviña. Aquí o que non gusta, censúrase e xa está.

Remato sen tocar para nada os atentados en Inglaterra; porque me cabrearía moito, pero moito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES