Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Londres cree en sí mesma

miércoles, 21 de junio de 2017
Inglaterra e en especial Londres está sendo cruelmente golpeada polo fanatismo. Persoalmente non entendo esta cegueira contra unha sociedade aberta que ten como máxima que cada quen sexa o que queira ser, sen xulgar e convivindo nunha mesma realidade. Quizais, haxa que buscar a causa na antítese que representa esta abertura mental fronte a un fanatismo que ten como máxima derrubar a diferenza. O caso é que no ámbito sociocultural, Inglaterra e Francia representan dous modelos claramente opostos na xestión da diversidade que están sendo atacados coa mesma virulencia pola barbarie terrorista.

Exposto este argumento, hai que resaltar a actitude resiliente do pobo inglés, que responde a cada ataque cos seus propios valores, tendo como pensamento colectivo a idea de que o medo non vai cambiar o noso xeito de ser e de vivir. Esta idea une a unha sociedade intercultural que quere seguir convivindo e desenvolvéndose en plena liberdade. Londres érguese ceibe para non aceptar xamais ningún tipo de mordaza, érguese para seguir sendo como é, para amosarse ao mundo forte nunha escala de valores que ten o ser humano como núcleo central.

Confeso unha envexa sa por unha sociedade capaz de unirse ante a adversidade e forxar unha sinerxía que a fai case invencible porque a pesar da traxedia, un pobo que se volve a erguer é un pobo capaz de aprender de si mesmo para forxar futuro. Esta unión constitúe un exemplo para a humanidade. Deste exemplo podemos aprender que a solidariedade é o principal alicerce de todo porvir, nela as posibilidades vólvense infindas, sen ela practicamente son nulas; polo tanto, acompañemos na dor a Londres pero admiremos e fagámoslle ver a forza invencible que como pobo lle dá o seu xeito de enfrontar a adversidade máis terrible.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES