Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Quen mo diría!

jueves, 08 de junio de 2017
Desde moi noviña teño oído aquelo de:
“ESTÁ A VELLA MORRENDO E ESTÁ APRENDENDO”
Hoxe tocoume reflexionar algo sobre:
“O LEGADO DOS NOSOS ANCESTROS”.
Porque teño lembranzas moi entrañables, tales como:
*O regazo dos avós arredor da lareira.
Onde ademais de recibir leccións de tenrura; preparáronnos para respetar ás persoas maiores pola súa autoridade moral sobre a familia.
¿Cantos nenos e nenas disfrutan hoxe en día desa tenrura?
¿Por onde andan os avós? ¿Onde se crían as criaturiñas?
¿Cantos nenos de hoxe en día levan eses recordos no seu corazonciño?

*O leite morniño ó dereito da vaca.
Hoxe o leite sae dos cartóns ou da botella totalmente manipulado que en nada se parece ó natural que tomábamos naqueles tempos directamente saído do ubre da vaca.
Non facía falta esterilízalo. Era natural porque procedía de alimentos naturais e animais sans.
¿Onde pode encontrarse hoxe ese tipo de leite?

*A bola quente recén sacada do forno, unha vez de cada quince días.
O seu cheiro arrecendía unha legua á redonda.
Festexábamolo despois de que a avoa pasara duros traballos para quenta-lo forno, eso que era de ladillo refractario.
Despois de quince días comendo pan reseso, a boliña quente sabía a gloria e se podía tomarse con leitiño dereito da vaca, xa era festa maior.
Aquela si que era bola: sen conservantes, sen colorantes e sen condimentos aínda que por veces poñíanselle uns torresmos por encima e xa era pan e compango.

*Os chifros feitos con pallas de centeo ou con follas de loureiro e tamén frautas feitas con canaveiras
Daquela os cartos escaseaban e os xoguetes tamén, pero o inxenio sustituía ós anteriores.
Unha palla de centeo, de trigo, de avea ou calquera outro cereal esa suficiente para crear a propia gaita artesana.
E se había canaveiras cerca, xe se improvisaba unha frauta que soaba daquela maneira, pero servía para pasa-lo tempo entretidos.
¿Cantos cartos hai que gastar agora para satisfacer as necesidades de xogos da infancia actual?
¿Cantas estratexias hai que empregar para satisfacela?
¿Canto se agudiza o inxenio?

*As oracións á hora de ir a dormir ou arredor da lareira nas noites de inverno.
Ensináronnos que existe “ALGUÉN” superior ó que os crentes chamamos Deus que nos serve de sostén nos momentos difíciles da vida e tamén como norma de conducta, vendo nos outros criaturas creadas a semellanza de Deus.
Ese “Alguén” segue sendo o noso refuxio aínda que a veces só nos “acordemos de santa Bárbara cando trona”.
Pero á hora da verdade….
Todos queremos agarrarnos a algo. ¿Ou non?
¿Qué referente teñen os nosos nenos de hoxe en día?
¿Ten a ciencia a solución para todo?
¿Quizais as novas tecnoloxías?
Todo eso e moito máis son ferramentas que nos axudan, pero hai moito máis.
Temos unha dimensión sobrenatural. ¿Ou non?
Actualmente ata hai máquinas que demostran a existencia da alma na momento da separación do corpo.

*Os bogallos, verdadeiros tesouros, que atopábamos nas carballeiras.
¡Aquela feitura! ¡Tanta suavidade..!
¡Que invento tan maravilloso ó que a imaxinación infantil lles daba vida!

*Os niños dos paxaros, que había que mimar con tenrura.
Devecías por levalos para a casa, pero estaba prohibido.
Era o berce onde a mamá arrolaba con agarimo ós seus filliños.
Xa son poucos os nenos que hoxe en día atopan un niño.

*A busca e captura de grilos que saían dos buratos cando chegaba o bo tempo.
Hoxe, o” cri cri” dos grilos xa pouco se escoita.
Estámonos alonxando da nai natureza.

*Un bocado de pan reseso que che daban cando ías á casa dun veciño e sabíache a gloria.
¿A quen se llo ocorre ofrecer hoxe un bocado de pan a unha criatura?
Hoxe non sabes que ofrecer.
¡Hai tanto vicio..!

*As camiñatas que había que facer para acudir ás feiras, festas, ás romarías ou mesmo á escola.
Por carreiros, corredoiras e camiños cheos de lama con zocas ou zocos quen os tiña.
Un deporte gratuito, aeróbico, saudable…Obrigatorio
Agora hai quen fai deporte no polideportivos a outros ó aire libre. Algo é algo

*Sabe-la hora do día a través do sol.
O galo avisaba ó abri-lo día. Era o mellor despetador
Tan só algúns homes tiñan un reloxio de peto colgado dunha cadea no ollal do chaleco ou na trabilla do pantalón.
Nalgunhas casas, había un despertador que levaba dous timbres encima ou un reloxio de parede.
Para orientarse sobre a hora do día: o astro sol caía sobre tal ou cual monte; a sombra data na soleita da porta a unha determindada hora e a xentiña do campo sabía organizarse.
Cando non había sol, outro galo cantaba…

*A comunicación a distancia cun simple pano branco, cun fino e prolongado asubío ou cun aturuxo.
Para comunicarse entre os membros da mesma familia cando andaban arredor da casa: o asubío era moi eficaz. Incluso había diferentes tipos de asubío para informar de según que cousa.
Pero a veces había que avisar ós da outra banda do río para que viñeran.
Non había tempo de ir persoalmente; pero había outra solución: colgar un pano branco nunha ventá que se vía desde a casa do interlocutor.
E non fallaba.
Outras veces había necesidade de comunicarse co que andaba coas vacas na ribeira do outro lado do río para evita-lo aburrimento: os reiterados aturuxos intermitentes funcionaban como transmisores das mensaxes.
Pasado moito tempo, algunhs persos pregúntanse:
¿Qué será da nosa vida?
O tempo o dirá.
A evolución continúa.
“A EVOLUCIÓN CONTINÚA”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por tanta paciencia para ler o presente.
¿Resultoulle algo entretido?
¿Sabía algo desta cousas?
Grazas de todos modos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES