Slogans para unhas eleccións
Editorial - viernes, 18 de mayo de 2007
O día 27 vai ser crucial para cada concello, para todo o País, para todo o Estado.
Se cada elección municipal condiciona o porvir inmediato de cada concello, nesta ocasión moito máis por moi diversos motivos que van desde a tensión existente entre as dúas primeiras forzas políticas da actualidade, a cualificación de cuasi-primarias que se lles veñen atribuíndo a estes comicios, a posibilidade de cambio hacia un ou outro signo dependendo do movemento da parte do electorado que aínda ten sen decidir o sentido do seu voto.
Os partidos políticos xa fixeron público as súas armas verbais, a xeito de slogans ou lemas, iguais para todos os concellos. E eso non é bo.
Confianza é futuro, do Partido Popular pode ter a ambivalencia de estar na oposición ou no goberno
porque non compromete a nada. O futuro é confianza e desconfianza, o futuro hai que traballalo.
Pensado para ti, afirma o Bng, como mensaxe maís directa e persoal. As cidades, os pobos, os pequenos concellos, pensados para o votante. O votante deberá pensar no pobo para exercer o seu dereito.
Faremos máis, di o Psoe. Nos lugares onde goberna, vale. Onde non goberna, non tanto.
Os tres proxectís verbais son demasiado xenéricos. Tiñan que mollarse un pouco máis os políticos e usar slogans propios para o concello, mesmo para darnos a impresión de que non dependen dunha estructura supramunicipal.
Pero as frases electorais só son palabras. Os feitos virán despois. E despois, esqueceremos as palabras.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora