Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Captain Fantastic, outra maneira de ser

miércoles, 07 de junio de 2017
Veño de ver a película que titula o artigo na que uns pais se propoñen educar a súa familia á marxe da sociedade en plena natureza e illados das imposicións que fai a cultura capitalista. Teñen o seu propio modelo educativo que segue unha escala de valores coherente e consciente, polo que as competencias transmitidas polos pais son froito dunha reflexión que os leva a optar por un determinado xeito de vida.

Sen meternos no fío argumental da película, que quen lea isto pode ver e sacar as súas propias conclusións, o que propón este pai é un xeito de vivir a existencia humana, unha opción afastada da opción que maioritariamente segue a sociedade occidental. Agora ben, constitúe unha opción chea de contido e con perspectivas de futuro, unha opción que nos propón unha vida acorde coa natureza e pegada ao curso dos elementos ambientais. Con esta idea, os pais ensinan aos fillos competencias físicas, psíquicas e emocionais. O seu método lembra ás intelixencias múltiples de Howard Gardner nas que se trata de definir o campo de desenvolvemento ideal de cada persoa.

Neste caso, hai unha gran controversia xa que Captain Fantastic proponos unha vida á marxe de todo o que a nosa sociedade e o noso tempo propugna como infalible e innegociable. Non en tanto, hai opcións que son posibles, opcións que coherentemente os pais seguiron para educar aos seus fillos. Estoume a referir ás teorías desescolarizadoras que propugnaban o ensino na casa. Non estando de acordo con ditas teorías e considerando o colexio como un axente fundamental de socialización, cómpre dicir que estas teorías son defendidas por persoas coherentes, informadas e estudadas que saben do que falan e o que propugnan. Polo tanto, constitúen maneiras distintas de ser e estar na sociedade, maneiras coas que a sociedade ten que aprender a convivir, tecendo relacións sólidas coas mesmas.

Trátase de aprender que pasamos de vivir en branco e negro a vivir nunha amalgama de cores que representan distintos xeitos de enfocar e enfrontarse á vida. Estes xeitos non son máis que distintas opcións que podemos coller ou non pero representan a nosa propia diversidade. Na medida en que sexamos capaces de valorar e aceptar o diverso convivindo con el, sen dúbida estaremos achegándonos a unha sociedade máis aberta e democrática.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania