Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morren as abellas

martes, 15 de mayo de 2007
As abellas foron animais imprescindibles para os nosos devanceiros, productores de cera e mel, elementos valiosísimos naqueles núcleos lonxanos e pechados onde había que producir a maior parte dos elementos utilizados na vida cotiá.

E non había aldea nin casa que non tivese ó arredor colmeas feitas con troncos ocos tapadas con lousas, e construccións específicas nas zonas montañosas para defender a preciada colleita dos grandes depredadores.

As abellas deixaron de ser imprescindibles, e só uns centos de nostálxicos seguen a cultivar a amorosa cría destes voadores infatigables.

E de repente, sábese que desaparecen as abellas. En todo o mundo. Nos Estados Unidos detectaron o problema. Pero onde máis nos doe, aquí, en Galicia, están desaparecendo por milleiros as abellas obreiras.

Non se sabe se son os pesticidas, as antenas de telefonía, o cambio climático, calquera outro factor ou a conxunción de todos eles. Pero as abellas desaparecen, e desde Ourense chega a voz de alarma do sector … Verín, Valdeorras, Celanova, O Barco, son outras tantas voces que se alzan para denunciar esta ausencia, que pode preludiar a extensión a outros animais ou ós humanos.

Morren as abellas. ¡Atención ó problema!. Pode ser moi grave.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania