Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amor con amor se paga

jueves, 01 de junio de 2017
Andando pola vida atopámonos con moitas persoas e con moitas situacións; todas elas moi enriquecedoras porque de todas podemos sacar conclusóns para o noso proveito persoal.

CANDO TE ATOPAS CON FAMILIAS QUE CHE RECORDAN COMO FOI A TÚA INFANCIA; ALGO MOI FORTE SE REMOVE NO TEU SER INTERNO.
Fai poucos días tiven a sorte de convivir cunha familia que –sen ter obrigación ninguna comigo- tivo unhas atencións extraordinariamente etrañables.

A avoa vén sendo do meu tempo e fai varios anos que a coñezo. Convidoume á súa casa e tamén me presentou a parte da súa familia que aquel día tamén viña a comer con ela
O trato, exquisito.
O xantar, de festa maior.
E a estancia, inmellorable.
Como na miña propia casa; eso que era o primeiro día que entraba naquel fogar.
Pero aínda houba máis:
Naquela familia había dúas criaturiñas xemelgas, dous nenos de tan só tres anos.
Son moi diferentes pero no que si se parecen é na educación: excelente a dos dous.
Tres anos tan só levan de vida, pero de educación levan máis que moitas persoas adultas.
Chegaron, saudaron e dirixíronse á súa amada avoa que estaba preparando o xantar.
O primero paso deuno o seu papá poñéndolles a cada un o seu mandil.
O segundo dérono os nenos axudándolle á avoa a reboza-lo peixe que logo deleitaría o padal de grandes e pequenos.
Tamén axudan nos labores do fogar e xa levan tempop facéndoo.
¿Quen dixo que os nenos non saben, non poden ou non deben axudar desde a máis tenra idade?
Eu, que observaba todo aquelo, xa vía aqueles nenos converidos en homes adultos capacitados para colaborar nas tarefas do fogar, igual ue fai o seu papá.
UNHA GRAN LECCIÓN.

Á hora de xantar, sentadiños á mesa mentres durou o sabroso, nutritivo, variado e abundante xantar; comendo con autonomía e moi boa educación.
¿CANTOS NENOS DESA IDADE SON CAPACES DE AGUANTARSE SENTADOS CORRECTAMENTE Á MESA DURANTE UN XANTAR DE FESTA MAIOR?
A resposta é moi clara: “TANTOS COMO SEXAN EDUCADOS PARA FACELO”.

A relación cos pais, moi pausada e un tono de voz moi suave, dóce, baixiño, tenro PERO FIRME.
Os pais tiñan a situación totalmente controlada.
Tratábanos cunha dozura inexplicable.
Dabanlles tanta tenrura como precisaran; pero sempre dentro das pautas marcadas.
Os pais teñen moi claro que deben apoiar o labor do profesorado ó que visitan asiduamente.
IGUALMENTE SABEN QUE OS ENCARGADOS DE EDUCA-LOS SEUS PUPILOS SON ELES; aínda que as criaturiñas pasan moito tempo coa avoa materna que os cuida mentres os pais traballan.
POLA OUTRA BANDA, A AVOA TEN MOI CLARO QUE NON DEBE ENTROMETERSE NO LABOR DOS PAIS AÍNDA QUE O SEU CORAZÓN SUFRA.
¡Canta orde reina naquel fogar!
Cada un ocupa o seu lugar.
Como debe ser ¿Non?
Pero…
¿Coñece vostede algún avós que botan a perder ós netos por darlles o que non deben para gañarse, ó prezo que sexa, o seu cariño?
Hai de todo na viña do Señor.
TEÑO QUE CONFESAR QUE PARA MIN FOI UN DÍA MOI PLENO.
A parte do aprezo que me deron, VER AQUELA FAMILIA TAN BEN ORIENTADA CON RELACIÓN Á EDUCACIÓN DOS NENOS; LEVOUME A MIÑA MÁIS TENRA INFANCIA.
Acordeime con entrañable gratitude do derroche de cariño, tenrura e educación en valores que me deron na miña etapa infantil.
¡QEN MO DIRÍA A ESTAS ALTURAS DA MIÑA VIDA!
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a tódalas familias que derochan: tempo e valores á súa descendencia.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES