Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, as apetecidas Deputacións

lunes, 14 de mayo de 2007
As Deputacións provinciais de Galicia son como o Lago Ness da política galega, que xorde de cando en cando para dar vida ás discusións sobre a estructura do país.

O Partido Popular controla tres das catro deputacións provinciais de Galicia. E confía en seguir exercendo tal control despois do próximo día vintesete.

O Bng non agarda poder exercer ese poder se non é colaborando co Partido Socialista, no caso de que entrambas forzas políticas superen ó PP. O Psoe coida – alomenos publicamente – tocar ese poder en Lugo e Pontevedra, sen forzar demasiado a fe neste resultado.

Cando a autonomía galega entrou na nosa mente colectiva, coidouse que chegara o momento de prescindir das Deputacións asumindo a Xunta as súas funcións e os seus presupostos.

Pero as Deputacións souberon aproveitar a experiencia do seu funcionamento centenario, e non só conseguiron pervivir senón que un tempo controlaron a Xunta de Galicia.

De novo, Psoe e Bng falaron do tema no Parlamento acordando ir substituíndo estas corporacións por outras entidades territoriais como poden ser as áreas metropolitanas.

Todo depende do 27 de maio. Se hai cambio radical, notarémolo moi axiña. Se non hai cambios traumáticos, as Deputacións poderán agardar a próxima serpe informativa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES