Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O outro mundo

lunes, 29 de mayo de 2017
Recuncho Hebdomadario
O outro mundo


Pouco se levaron os atentados de Manchester e o de Exipto. O de Manchester aconteceu o luns pasado e morreron 22 persoas. O de Exipto foi o venres e foron asasinados 28 cristianos coptos. Sobre o de Manchester falouse toda a semana del en varias páxinas cada día. O de Exipto é certo que asomou ós medios de comunicación, pero fíxoo tan só ó día seguinte, sábado, e ocupou pouco máis alá de media páxina en cada xornal que lin. Non todos os mortos son iguais. Os de Manchester houbo días nos que asomaban polos xornais para que o lector soubera dos seus traballos, das súas familias, das súas afeccións. Sobre os mortos de Exipto tan só sabemos que foron 28, e menos mal. O mundo civilizado non é o mesmo có outro mundo. O outro. Que máis dá que sexa árabe, negro, mulato, cafre ou indio. O outro mundo está aí por estar. Antes estivo para que o foramos espoliar. Rillada a carne, aí quedan os ósos e que podrezan. Doen todas as mortes. A min tamén me doeron as de Manchester; porque a gran maioría eran practicamente nenos aínda. Pero tamén no autobús de Exipto había bastantes nenos, e destes non nos acordamos para nada; nin sabemos os seus nomes, nin onde estudaban, nin se lles gustaba o Messi ou o Ronaldo. Tampouco os nenos son iguais. Un neno europeo pode chegar a ser un político corrupto, que xa é chegar. A un neno exipcio (e pobre para máis aquel), non lle queda outra que morrer na miseria, esquecido ás veces polos propios pais, que llo teñen que vender ó civilizado, o europeo que, antes, lles chupou a alma. Nacer no outro mundo é estar condenado de antemán.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania