Dous anos para poñerse ó dÃa
Editorial - viernes, 11 de mayo de 2007
O Parlamento de Galicia ven de aprobar a Lei que prohibirá construir na franxa de cincocentos metros da beiramar nos 86 concellos costeiros afectados pola norma.
Durante dous anos, non se poderá construir nesa zona, e nese tempo haberá que dotarse de mecanismos legais para que regulen a construcción futura, e que os concellos redacten e aproben os correspondentes Plans xerais, de acordo coa planificación xeral que rixa para o PaÃs.
Non é moi longo prazo para poñerse ó dÃa en algo tan importante como a construcción, os espazos verdes, o cemento e a vida de relación nas inmediacións dun mar loubado por todos pero non respectado por tantos.
Pero ese mesmo tempo será unha ocasión de ouro para o sector da construcción, aÃnda que pareza un contrasentido.
Na beiramar de Galicia nestes últimos tempos construÃuse de xeito desaforado, e alcanzouse o precio de 3.000 euros o metro cadrado de piso construido, propio das zonas máis valoradas das grandes cidades galegas.
Hai moito construido, hai moito por vender, hai moitas gañas de mercar, e o precio é especialmente rendible para os promotores.
Estes dous anos para poñerse ó dÃa, para o sector da construcción serán tamén dous anos onde non vai aumentar moito a oferta, e a demanda vai ter que centrarse especialmente no actualmente construÃdo. Ou sexa: Dous anos para poñerse ó dÃa, e para seguir facéndose de ouro.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora