Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Gañou Pedro Sánchez?

sábado, 27 de mayo de 2017
Desde o Preguntoiro:
¿Gañou Pedro Sánchez?

Gañou Pedro Sánchez as primarias con máis do 50% dos votos militantes. Moitos socialistas cóntanme de que con Pedro significa un raio de esperanza para a esquerda, que o partido estaba secuestrado polos “dinosauros e trepas sociolistos” e por unha minoría dominante durante moito tempo.

Pedro ten a lexitimidade para limpar o seu partido deses “trepas”. Pregúntome: ¿será capaz de facelo?. Teño moitas dúbidas sobre isto cando fala de que no partido non sobra ninguén, iso non é certo, sobran todos aqueles que levaron desde fai moitos anos (bipartidismo) ao partido a onde atópase agora, aos pés dos cabalos e inclusive a unha escisión. Posiblemente teña que volver a darlle a man a Patxi López el “falsete” e do que coñecemos a súa posición ante as forzas do cambio e rexeneración do partido.

Por iso xa veremos... se o deixan. De momento o xornal El País na súa editorial, xa fala de que o peor que puido acontecer contra a unidade do PSOE é que Pedro houbera gañado. Equiparan a Trump e a Pedro, falan da razón con argumentos que achéganse a “La Razón”. É unha mágoa no que está quedando este xornal, asemella a un panfleto humorístico.

Porén, non me fío moito, pode acontecer aquilo de: imos cambiar algo para non trocar nada; se quere rexenerar non pode repudiar, (como xa o viña facendo nos últimos días de campaña) e terá que respectar a cinco millóns de cidadáns que apoiaron a Podemos. Non é santo da miña devoción Pablo Iglesias pero tampouco se pode ignorar á terceira forza política deste país, onde eses millóns de votantes o fixeron con boa fe para intentar botar esa banda mafiosa do PP e o seu goberno corrupto. O domingo día 21 de maio no seu discurso ante a militancia, seguiu polos mesmos parámetros de fai uns días.

Non me fío case nada de Sánchez. Certo que me convenceu naquel programa de Jordi Évole contándonos que recibira fortes presións das forzas bunkerianas, inclusive dándonos algún que outro nome. Terá que demostrar que ese bunker (Ibex35, Banca e as finanzas) ninguén os votou que el saíu Secretario cos votos da militancia e que a democracia require do progresismo, van parellos. Agora mesmo o PSOE na súa cúpula é neoliberal; se Pedro volve á aliarse con ese partido de riveritas, o outro PP, ese de aspirantes a corruptos, só demostrará que son uns neoliberais máis e que non podemos contar con eles nin para ir a misa.
Aínda bo é que nos queda Portugal.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES