Arredor da bandeira azul... (e II)
Fernández, Suso - miércoles, 24 de mayo de 2017
Ano de 1960: Foz gaña o concurso Cuidado y embellecimiento de los pueblosque cada ano patrocinaba o Goberno Civil. As rúas lucían unha esmerada limpeza e as flores, espalladas pola vila, daban a imaxe de coidado xardín urbano; a tal punto que a vox pópuli aplicara ó alcalde, Xosé Mª Beltrán, o apelativo de Pepe dos Tarros: unha louvanza colectiva ó labor que, neste eido, facía o concello.
Editábase entón a revista A RAPADOIRA e o nº de setembro insería breve conversa con Xermán López Cao, focego de ampla cultura, que levaba anos emigrado en Liberia. Preguntado qué fora o que á volta mais o sorprendera, dixo: Atopar o pobo regado de flores en macetas ó alcance dos rapaces,sen que unha soa sexa molestada; nen tampouco os xardíns incrible que brotaran en tan pouco tempo, coa protección de todos; o que pon de relevo o civismo e a cultura dos focenses.
O Xico, que gastou a vida, sobre todo, ó coidado do que sen dúbida é a mais valiosa xoia dos nosos atractivos, finou o 31.1.93, ós 62 anos; ó enterro asistíu un xentío; o cadaleito saíu da Casa do Concello, cuberto pola 1ª bandeira azul concedida á Rapadoira, en xusta homenaxe a quen fora o meirande valedor dela.Hoxe non a temos:¿cando volverá
? Coidemos con esmero as condicións da chegada
e quede, para sempre, a lección aprendida .
Cando soubemos o emplazamento da depuradora, non podíamos crelo porque, aínda que lego na materia, nunca puidemos entender cómo en pleno s.XXI, se defende a ubicación da mesma en lugar tan carismático e sensible ás agresións medioambientais; tan negativas para a imaxe e o benestar, en cuxo contorno se celebran os mercados semanais; as festas do verán; eventos gastronómicos; concertos musicais; festivais folclóricos; a feira do libro; lugar de expansión de vellos e nenos , nos xardíns Conde de Fontao; terrazas de cafeterías
e, tan só á carreiriña dun can
¡a praia da Rapadoira!; un dos itinerarios preferidos por visitantes e indíxenas que aquí acougan para disfrutar do fermoso panorama,de beleza natural, incontaminada.
Resúltanos incrible.Así o viñemos proclamando en comentarios dos xornais, ó longo de moitos anos: De políticos e de cheiros(4.12.12), Os cheiros de Foz (8-8-12); Medioambiente (26. 6. 12); Agresións (21.4,10); Incoherencias(22.4.09)
e moitos mais.
Esperamos que a limpeza e o ornato, sexa a pauta a seguir en adiante; considéramolo mais mais transcendente, e mais prestixoso, que amosar a desexada bandeira azul, rodeada de cochambre
e entón, terémola.
(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora