Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un bó e xeneroso Raúl Río

miércoles, 24 de mayo de 2017
Neste ano de Pondal, dese Ponteceso que nos agasallou aos chairegos con Alfonso Blanco Torrado, a Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, ten decidido adicarlle a quinta edición do seu Un bó e xeneroso Raúl Río premio TRAPEIRO DE HONRA ao vilarego Raúl de Río.

Coñecedor como ninguén da historia da súa parroquia e mesmo de Guitiriz e da Chaira, Raúl sempre está disposto a colaborarben calquer traballo e proxecto a prol da cultura ee das xentes desde o ámbito mais pequeno á utopía máis inalcanzable, sendo a súa casa en Euskadi como unha embaixada galega naquel seu outro país de acollemento e tendendo lazos entre ambos, o último este mes de maiocoa visita dea Xermolos a aquelas terras coa presentación do poemario do tamén vilarego André da Ponte, a campaña para salvar a casa de Díaz Castro, a proxección da curta A Chave de Bascuas e a inauguración da escultura adicada a Manuel María naquelas terras.

Raúl é desas persoas silenciosas, que paseniñamente van tecendo co seu traballo unha labor da que non reclaman recoñecemento, pero que é necesária e mesmo imprescindíble. Raúl, ese amante da súa terra que como milleiros tivo que coller o camiño da emigración, levou con él a Euskadi, Galiza enteira e especialmente eses anacos que ten no núcleo do seu corazón: A Terra Chá do seu querido Manuel María, Guitiriz de Xermolos e os Vilares do seu amigo Díaz Castro. O pasado ano, Raúl foi distinguido tamén coa navalliña de Manuel María, ao que tanto apreciaba, acompañado de familiares e amigos que valoran o seu exemplo de amor e dedicación ao nóso aló onde se atope. Amante da cultura e das artes, ten realizado diversos e relevantes traballos escultóricos, artigos, pinturas e as súas cámaras recolleron ao longo dos anos importantes documentos fotográficos e audiovisuais de grande valor histórico. Pero detrás dese compromiso hai, sobre todo, un home "bó e xeneroso" ao que desta volta tamén os seus veciños poñen de exemplo con ese nomeamento deTrapeiro de Honra co que acompañará na memoria dos Vilares a Díaz Castro, a Romaría Labrega, Pepe de Cristos e Asunción dos Ares, testemuñas e protagonistas con Raúl Río da história que eles mesmo escriben con letras de ouro. Nos Vilares, somos debedores de Raúl e non se paga con este recoñecemento tanto amor pola parroquia, apenas o nóso agradecemento e o cariño colectivo da súa tribu de orixe, que ben gañado o ten.

De seguro, o seu amigo Pepe do Vilariño estará feliz con este recoñecemento, e con él, numerosos amigos e veciños.

Galiza precisa moitos Raúl Río.

Antón Tenreiro, Presidente da Asociación Sociocultural Lareira de soños.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES