Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que se debe aquí?

jueves, 10 de mayo de 2007
Pérdense vellos costumes, pero aínda pervive eso de chegar á tasca dun pobo, e por ser todos coñecidos, o que se sinte rumboso pregunta ó hostaleiro ¿Qué se debe aquí?... e paga.
Para que o camareiro diga a fórmula de ritual : ¡Estades invitados!. E o xeneroso sorrí, cun xeto quítalle mérito á acción, e remata desexando ¡que aproveite!.

Dase en tempo de eleccións, aínda que con fórmula diferente.

Chega o político de turno, recíbeno os fieles con ardoroso entusiasmo e espectación, e en loor de multitude comunica as súas mensaxes ó público xa convencido de antemán.

Se o político está no exercizo do poder, entón chega en plan “convite”. Non é preguntar o que se debe senón o que se necesita, que é o que fai falla para que o pobo, a aldea, o barrio, sexa plenamente feliz.

Un representante, elixido ou autopostulado, formula necesidades que son tamén desexos e peticións... e o xeneroso elexible accede, promete, anota e tenta que quede claro que, se triunfa, o progreso caerá en forma de chuvia benfeitora de millóns de euros sobre a colectividade que tivo a honra de acollelo.

O último exemplo desto vémolo en Ourense, onde chegou Quintana a comezos deste mes de maio. Traía a cifra in mente (Qué se debe aquí), mil millóns de euros que se investirán en benestar social, industrialización e valoración do patrimonio (as tres áreas da súa competencia na Xunta) se o Bng é a forza triunfadora na capital ourensá e lidera o desenvolvemento da provincia.

Neste caso, o que chega xa sabe o que se debe. Pero por agora non pode servirse, e menos pagarse. O día 27 será o momento de facer as contas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES