Era o día 16 de maio de 2017, víspera do Día da Letras Galegas cando,

acompañados por Don Felipe Senén López Gómez, un grupo de alumnos da UNED Sénior Galicia Rural; nos dirixíamos rumbo a terras de Ourense.
Introducímonos pola Galicia profunda, arroupados por un extenso manto da Galicia verdecente, aínda que con poboación moi espallada.
Podíamos observar unha granxa aquí e outra acola...
Un numeroso rabaño de ovellas pacían afanosamente e totalmente indiferentes ó nosos paso pola súa biera.
Vacas dos país, facían outro tanto.
Algún hórreo silencioso e tal vez baleiro, dicía que noutros tempos significara moita fartura naquelas terras.
As leiras cerradas con chantas de pizarra, lembraban que noutros tempos se daba moi ben aproveitado o terreo ó que había que protexer das vacas do veciño.
Así pasamos a Ulloa para adentrarnos nas Terras do Deza con capital en Lalín e dirixírmonos cara a Ourense cruzando unha das carballeiras galegas mellor conservadas.
A Carballeira de Catasós que nos lembraba aqueles tempos nos que os arrieiros ían dun lado para outro con mercadorías de todo tipo e tamén do home-lobo.
O home máis famoso da zona: Manuel Romasanta, o home-lobo, ó que nas noites de plenilunio lle daban arroutadas polas que sería xulgado en Allariz, no mesmo edificio que hoxe alberga o xulgado e máis o Museo do Xoguete.
Adentrábamonos deste xeito en terra de augas termais en abundancia, terras de viño ribeiro e terra de santos como San Vintila e Santa Mariña de Augasantas.
Xa en Allariz: escoitamos atentamente ó profesor, falándonos do curtido do coiro tan importante naqueles tempos.
Allariz: vila con realengo, moi premiada pola súa exemplar restauración e enxebrismo.

Poidemos observar: a fábrica do coiro, os muiños, o museo do xoguete, o do liño, a casa de palla-barro, a casa do Concello.
A Igrexa parroquial:
Ademáis de Santa Clara e Santo Bieito.
A canteiría feita arte, o realengo das súas construccións, a súa ponte medieval e o seu Castelo (en ruinas) vixiando desde o alto; falábanos de Alfonso X O Sabio, das Cantigas de Santa María, de Dona Violante fundadora do Convento das Clarisas.
E como non lembrar a VIRXE ABRIDEIRA que conserva no seu interior todo o MISTERIO DA NOSA SALVACIÓN e que con tanto esmero conservan as discípulas de Santa Clara.
Allariz conxuga o pasado co presente cunha harmonía digna de loubanza.
Tamén nos recordaba que alí foi rodada: A LINGUA DAS VOLVORETAS de Manuel Rivas.
Unha vetusta escultura en bronce recorda aquelas pelexas entre cristiáns e xudeos espantados por un tal Xoán de Arzúa.
Para despedirnos, un paseíño pola beira do río Avia acariñaba a nosa facina torrada por un sol de xustiza.
E no seu cemiterio ó pé da igrexa de San Pedro, quedaban os restos mortais de Vicente Risco que nos dicían:
Esta é a nosa querida Galicia, amádea.
Amade a nosa lingua, faládea.
Á volta volvemos a pasar por Ourense, terra natal de Carlos Casares.
Vimos o seminario onde noutrora estudiara quen homenaxeamos este ano co gallo da celebración das Letras Galegas: Carlos Casares Mouriño.
E TAMÉN NÓS NOS SENTIMOS HORADOS E HOMENAXEADOS PORQUE SOMOS OS PORTADORES DESTA FALA TAN DÓCE QUE NOS VÍU NACER, NOS VE ENVELLECER E NOS VERÁ MORRER.
Rematámo-la viaxe gozosos e agradecidos de ter recibido un bo baño de galeguidade no víspera do 17 de maio, percorrendo as catro provincias galegas.
Grazas a tódalas persoas que dun xeito ou doutro facemos posible experiencias tan entrañables e gozosas.