Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 24 de mayo de 2017
Proído nos ollos

Pícanme os ollos. Refrégoos. Ou ráñoos. É dicir, que rasco neles coas mans. Coas dúas xuntas. Ó acabar, miro para o ordenador ou para a televisión, pero axiña esgaduño no ollo esquerdo coa man esquerda. Ou sexa, que o esfrego. Din que os ollos son moi delicados. Serán. Pero cando raño neles, péchoos. A ver se pensades que son parvo! Por que arruño tanto neles? Porque me proen. Acaso non o dixera xa! E pícanme ou dóenme pola canseira. Por culpa das leiras e máis leiras que teño que escribir nun ordenador. Por culpa de áreas e máis Pingas de Orballohectáreas que teño que introducir nun programa informático tan mal deseñado que te deixas a vista nel, cos números que se confunden uns con outros, con infinidade de cuadrículas que che fan bailar os ollos cando intentas seguir a correspondente liña. E logo de todo un día dálle que dálle é normal que os meus ollos digan basta. Non lles fago moito caso porque, a proba, é que estou escribindo nun ordenador no que teño que forzar a vista. Non hai cabeciña!

Arándolle a San Isidro

Quero ser o ollomol dun conto que se desenvolve en alta mar, pero son un dos bois que lle araban a San Isidro na Pedradarca do Lucero del Alba Rodicio (é non é retranca ningunha nin o nome nin o apelido). Tamén é verdade que me vin negro (aínda que eu son medio ratino) para convencer ó meu compañeiro de xugada. O moulón non quería arar nin a tiros. Na súa ollada de esguello eu ben entendía que me dicía que arase o San Isidro. Pero este marchara non sei a onde, imaxino que á misa, todo confiado en que nós arariamos a leira sós. Recoñezo que o tío tomouse moitas liberdades. O que pasa é que un, que é un cacho de pan, dixo vale! e tirou do arado de pau. Se chegara a ser a vertedera, coidadiño, ó mellor outro galo cantaría. Cando chegamos ó cabo do rego, aí xa plantou, xa chantou a miña parella. Menos mal que axiña volveu San Isidro. Abríu a boca abraiado ó ver que, efectivamente, araramos uns regos sen el. Grazas ás grazas. Porque non son ollomol... que se non habíame de buscar en alta mar.

A libre circulación das persoas

Case todos os días hai algunha noticia que me chama a atención, ou ben porque me enrabecha ou ben porque me asombra. Hoxe lin unha que me alterou un chisco. Detiveron a un futbolista español por axudar a un inmigrante a ingresar en España. Onde está a libre circulación das persoas? Malditas fronteiras! Para certas cousas armámonos de razón para defender e mimar as fronteiras. Pola contra, moitos políticos ou chupatintas pasan as fronteiras con cartos roubados e Pingas de Orballoninguén os detén. O que fai a lei, fai a trampa. O que é africano, non é civilizado. Para o europeo ou americano temos os brazos abertos. Para os africanos ou musulmáns con eses mesmos brazos tiramos das cadeas que lles colgamos ó pescozo. Artigo 13 da Declaración Universal dos Deritos Humanos: 1.- Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado. 2.- Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e regresar ó seu país. Só algunhas persoas.

Teño que saír para ler

Que canseira, meu Deus! De durmir. Deste día morriñento. Está demostrado que, para ler, teño que saír da casa e andar, ou moverme pola cociña. Pero ler na cama mátame redondo. Topeneo unha e outra vez ata que deixo o libro e, ale, a dar unhas cabezadas. E canto máis escangallado está un, peor é. Non queda outra, entón, que erguer e facer algo. Pero levántome cunha nugalla tan grande que penso que se pillo a cama... Non queda outra, logo, que erguer e agarrar o ordenador para facer algo; por exemplo, isto, escribir o relato. Para elo levo a cabo un ora pro nobis rutineiro, mecánico: collo o ordenador; mentres se inicia, pillo os auriculares e dous diccionarios que teño; pillo un libro de versos galegos para colgar no feisbuq un poema; pillo dous listados de cancións para escoitar mentres escribo ou mentres fochico nas redes sociais. Un listado é dos egrexios, dos meus temas capitais; o outro listado é de músicos de jazz. Estounos escoitando e escribindo. Despois, para ler, teño que saír, pois a cama...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES