Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo un día sen música

lunes, 22 de mayo de 2017
Todo un da sen msica Agora mesmo (que estades a ler o Recuncho) xa hai novo campìón de Liga e xa hai novo... lider? do PSOE. Agora mesmo (que estou a escribir o Recuncho) aínda non sei nada diso. Porque aínda é sábado pola noite. E tampouco son adiviño. Mais case aseguro que a Liga ganaraa o Real Madrid e no PSOE haberá unha lideresa. Oxalá me trabuque nas dúas cousas, e iso que no plan político, sinceramente, dáme igual quen gana. Non obstante, recoñezo que ela cáeme como unha patada nese sitio. É certo, deixemos o "regreso al futuro" en paz.

Agora mesmo que estou escribindo, tan só se me vén á cabeza a angustia, a mágoa que pasei hoxe sulfatando porque... non puiden escoitar música! Non son ninguén sen a música. E moito menos nun traballo que consiste en tirar sempre cara adiante. Aínda que hoxe o de tirar para adiante tivo o seu aquel. O seu aquel extenuante, abafante. Porque a viña estaba acabada de arar cos ganchos, polo que se formaron como reguiños polos que non sabías como andar: que, primeiro, os pés metíanse neses reguiños; que, logo, os pés subían a eses suquiños; que a goma de 50 metros afundíase bastante na terra; que había que andar á velocidade da luz porque as ramas das vides non eran moi grandes que digamos a causa da xeada (houbo que podala de novo); que... E eu sen música!

O meu móbil está medio escarallado e non me van os auriculares. Levei un móbil vello de Alán e, segundo o Día das Letras Galegas conseguín escoitar música por el, hoxe, pola arte do birlibirloque, non me aparecía a música no aparello. É horrible todo un día sen música! Tocou pensar e pensar. Un deses pensamentos foi precisamente este Recuncho. A ver!, a semana non deu para máis.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES