Se bebes, non fales
							Xiz, Xulio - martes, 08 de mayo de 2007
							  	Hai un par de semanas fun a unha cea en Conturiz que se prolongou durante máis de tres horas, e o viño que bebín ó comezo foise diluíndo no meu organismo.	
Ó sair do restaurante, a uns trescentos metros, control de alcoholemia. A intranquilidade que producen estas probas traduciuse en satisfacción cando o meu soplido marca 0,0. Perfecto.
	Esto quere dicir que se poden tomar un par de vasos de viño, que o meu organismo asimila con facilidade, ou que as sobremesas sobrias compensan pequenos excesos anteriores.
	E nesto que escoito a Aznar dicir despropósitos impropios de quen tivo tan altas responsabilidades, e persoa da que cabe agardar control na expresión. Ben pensado, o que dixo foi un perfecto exemplo do que poden producir os excesos etílicos.
	A súa desmesura verbal acredita que daquela non era dono de si, e flaco favor lle fai ó viño do que son profundo admirador- porque se cada cousa ten o seu momento, o momento de Aznar non era para falar en público.
	O coñecido slogan debe ser ampliado: Se bebes, non conduzas nin fales. Primeiro, durmir, e logo conducir e conducirse.
							
							
 
							Xiz, Xulio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora