Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cobrar nas bibliotecas

lunes, 07 de mayo de 2007
Parece unha toleada, pero vai ser real.

Co difícil que é que neste país a xente lea, vanllo poñer aínda máis difícil.

As Bibliotecas públicas municipais, provinciais, universitarias, de centros de ensino medio, de asociacións culturais e calquera outra institución similar están a facer un traballo ímprobo e valioso na promoción do libro e da lectura, promovendo esta afección entre rapaces e maiores de xeito que se facilite o máis posible de todos á producción literaria.

Así, os bibliotecarios buscan e recomendan os libros máis xeitosos, as novidades máis atractivas, amosan nas súas estanterías as portadas máis vistosas, como un xeito de promoción global do máis importante elemento cultural que a estrela dos novos medios non fai máis que potenciar.

Naturalmente, estes servicios son totalmente gratuitos, e entendiamos que esta gratuidade era para sempre. Pero non. Hai unha directiva da Unión Europea que ordena que nas localidades de máis de cinco mil habitantes se perciba nas bibliotecas públicas un canon de 0,20€ por cada libro prestado, en concepto de dereito de autor, a repartir entre autores e editores como compensación ós libros non vendidos.

O gremio dos editores e o conxunto dos autores teñen, certamente, uns dereitos que non poden ser conculcados nin discutidos, pero por algo o goberno español estivo ata agora retrasando a imposición deste imposto ou canon que ven como mínimo a crear malestar entre os usuarios das bibliotecas, lectores conquistados polo libro.

Cobrar nas bibliotecas parécenos un despropósito. Quizais co tempo vexamos este feito con naturalidade pero por agora parécenos un atentado contra a cultura, e máis nunha terra coma a nosa que se le pouco aínda sendo gratis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES