Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Raúl Río Díaz, Trapeiro de Honra 2018

viernes, 12 de mayo de 2017
Ral Ro Daz, Trapeiro de Honra 2018 A Asociación Sociocultural Lareira de soños ven de decidir que Raúl Río Díaz será distinguido co Premio Trapeiro de Honra 2018 na súa quinta edición como vilarego exemplar, sumándose así a Xosé María Díaz Castro, a Romaría Labrega da Chaira, Pepe de Cristos e Asunción dos Ares, galardoados nas anteriores edicións. Raúl, distinguido tamén no 2016 coa Navalliña dee Manuel María, é un grande activista da mosa cultura e un home comprometido, amante das artes e das letras e un dos principais embaixadores de Diaz Castro e dos Vilares. Grande coñecedor da historia da parroquia permanente colaborador de iniciativas culturais e políticas na Terra Chá e en Euskadi. Fachendoso das súas orixes, non perde a oportunidade de organizar en Euskadi, a súa segunda patria, actividades e eventos relacionados con Guitiriz e Os Vilares. Socio fundador da Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, a decisión unánime da asociación evidencia o cariño e recoñecemento xeral da veciñanza a este vilarego, obreiro, escultor, pintor, documentalista, fotógrafo, escritor e sobre todo grande persoa, e con grandes valores humanos.

A figura de Raúl personaliza neste premio a homenaxe aos emigrantes daqueles anos 60 e 70 que se viron obrigados a sair a gañarse a vida polas dificultades de tempos escuros do franquismo abandoando o rural para buscar o sustento en zonas industrializadas pero tamén a todolos loitadores comprometidos coas súas orixes e coa súa cultura. Un premio que agradece a Raúl e a multitude de traballadores o seu amor pola patria e polo rural chairego e galego.

Raúl Río Díaz

Data de Nacemento: 23 de xuño de 1950
Lugar de Nacemento: Os Vilares, Guitiriz (Lugo)

Currículum:
Estudou Mestre Industrial, rama do metal, na Escola Politécnica de Lugo. Emigra en 1969 para Euskal Herria, onde traballou de peón de albanel, caldeireiro na construción e reparacións navais; de siderúrxico nos Altos Fornos de Biscaia, onde foi membro do Comité de Empresa desde 1985 até o seu peche e despois de siderúrxico na factoría de ArcelorMittal, na localidade biscaíña de Etxebarri, onde tamén seguiu de sindicalista até a súa xubilación.
Aficionado a fotografía, ás artes plásticas e as letras.

Obras realizadas
Esculturas
Busto en granito de Xosé María Díaz Castro que se atopa na súa parroquia natal.
Busto de Díaz Castro en escaiola na Casa das Palabras de Guitiriz.
Placa en baixo releve colocada na céntrica Rúa dos Foros de Barakaldo, na fachada da casa onde viviu don Ramón Cabanillas.
Baixo releve de Castelao na Pena das Grallas dos Vilares.
Baixo releve do demo na Pena das Grallas dos Vilares.

Libros
Manuel María. (Colectivo), Asociación Cultural Xermolos, 2001.
Crítica e Autores. (Colectivo), Colección Biblioteca 120 Galega. La Voz de Galicia, 2002.
Txiki - Haizea eta Sustraia. (Colectivo), Haizea eta Sustraia Kultur Elkartea, 2007.
Gabriel Aresti - Manuel María. Galegos en Bizkaia - Galiciarra Bizkaian. (Colectivo), Fundacións Fesga e Ipar Egoa, 2007.

Outros datos de interese
Fundador, xunto con outros compañeiros, da Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo.
Socio fundador da Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares.
Realizador de numerosos audiovisuais da cultura e sociedade chairega.
Publicou artigos de opinión en varios periódicos vascos como El Correo, Egin, Euskadi Información, Gara, así como en revistas editadas polos Centros Galegos e Casas de Galiza.
En Galiza escribe no periódico Terra Chá.Xa e nas revistas dixitais Terra e Tempo, Galiza Dixital e Sermos Galiza.
Premio Navalliña de Manuel María 2016 da Irmandade Manuel María.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES