Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José María Rodríguez Díaz

miércoles, 10 de mayo de 2017
Á mañá entereime. José María Rodríguez Díaz, en paz descanse.

Un amigo xa non voltará ler estas páxinas. O seu pasamento, ó fío da medianoite, deixa a Ribadeo, á zona enteira, sen un activo compoñente, traballador incansable e loitador tamén incansable a favor da xente. Compartimos moitos esforzos estes últimos anos e sei que notarei a falta do seu impulso, traballo e consello, cristalizados a traverso dunha amizade que os levaba máis aló do día ó día.

Coñecín a José María tan só hai década e media. Abondo para que entre nós calara unha profunda amizade levada man a man e complementada co mantemento de actividades dende O Tesón, a Mesa de Asociacións ou a plataforma pro Residencia, nas que José María deixou a súa impronta despois de concebilas ou unirse a elas.

De José María, alguén que non sexa moi achegado pode lembrar a súa decisión e impulso, mais tamén o seu traballo incansable pola cultura, da que nos quedan os seus libros sobre toponimia e hidronimia, os castros, Vilaselán ou a colexiata de Ribadeo. Defensor da participación cidadá, é a orixe da única posibilidade polo momento de participación dos cidadáns no remate dos plenos de Ribadeo, ou a insistencia na ampliación desa participación a algo máis acorde coa democracia e coa normativa actual.

Coido que del se lembrará moito máis, e máis aínda en Ribadeo, porque a súa pegada na estrutura social ribadense foi abondo máis aló dende que hai xa tempo recalou en Ribadeo para ter aquí o seu fogar, e tamén o seu destino. A bandeira a media asta no concello así o testemuña.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania