Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ai dos vencidos!

viernes, 04 de mayo de 2007
Vae victis, Ai dos vencidos!, dicíase en tempos de Roma, e desde entón ata a consumación dos séculos.

Vense de producir na Xunta unha ruptura de corda que, como sempre ocorre, rompe polo máis frouxo e neste caso resultou ser a Fundación Galicia-Emigración, que ven de entregar axudas a casos urxentes de galegos necesitados na emigración uruguaya, sen decatarse –ou sí- de que estamos en mala época para doazóns, xa que temos á porta unha confrontación electoral que se anuncia como a máis encarnizada da historia recente.

Estamos tan afeitos a que as contendas electorais non rompan o ritmo da administración ou, se acaso, que o aceleren, que chama a atención que alguén perda o seu cargo porque se producíu unha situación inconveniente.

A reacción foi fulminante en canto o tema saíu á luz pública.

¿Quere eso dicir que foi a Directora da Fundación quen por sí e ante sí decidiu o tema? ¿Non o consultou con ninguén? ¿Non opinou ninguén máis?.

Ai dos vencidos!. Teñen que sacrificarse para que ninguén máis se vexa perxudicado. Ou para deixar moi claro que agora todo quere ser limpo. A dimisión da directora ou sabe a moito –demasiado- por esaxerar o xesto, ou sabe a pouco por pagar un só por algo que semella máis amplo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania