Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ninguén dá o que non ten

jueves, 11 de mayo de 2017
Hai un refrán que di que non se lle poden pedir peras ó olmo.
Eu penso que é ben certo.
Se vostede me pide algo que eu teña ou que estea ó meu alcance, pode contar con el; pero se non…
Se non teño, non podo dar.

No mes de abril pasado, celebrouse a Semana Santa en toda España. Nuns lugares celebrouse con procesións, noutros foi día laboral, noutros fixéronse os tradicionais oficios que celebra a Igrexa Católica.
Cadaquén organizouse á súa maneira: praia, montaña, viaxes, familia, turismo rural, oficios relixiosos…
A min –nesta ocasión- tocoume esto último.
Na miña Comunidade Parroquial tivemos os Oficios tódolos días.

A cousa xa empezou co Domingo de Ramos para celebrar a entrada triunfal de Xesús en Xeruxalén.
Ese día houbo bastante participación.
Incluso apareceron persoas que pisan a igrexa de pascuas en ramos, como adoita dicirse.
Eso do ramo ten o seu encanto.

Chegado o XOVES SANTO:
A afluencia, xa foi inferior á do día dos ramos.
Eso que ese día, celébrase a institución do Sacerdocio, o amor fraterno e…
¿Por qué non dicilo?

Co cambio da estación –quen máis e quen menos- aproveita para estrear algo e hai quen recrea a vista ou presume porque ten moita fachenda.

O VENRES SANTO, xa é outro cantar.
POUCAS PERSOAS –ENTRE AS QUE SE CONFESAN CRENTES- SON CAPACES DE AGUANTAR Ó PÉ DA CRUZ.
¿Por qué será?
Só Deus sabe a fe de cada persoa, pero polo que se ve só un reducido número de mulleres teñen esa sensiblidiade.
Os homes, xeralmente, pasan.
De non ser polas mulleres…

¡Parece mentira que a Igrexa Católica lles poña os obstáculos que lles pon!
As Autoridades Eclesiánticas no se atreven a dar eso paso.
¿Por qué será?
¿Cando comprenderán o valor da persoa independentemente do sexo ó que pertenza?
¿Non somos todos e todas fillos de Deus?
¿Non estamos feitos da mesma masa?
¿Non recibimos todos e todas un mesmo bautismo?
Non o entendo nin penso que chegue a entendelo nunca.
¡Que mágoa!

POUCOS CRENTES SON CAPACES DE RECOÑECER O SIGNIFICADO DE QUE TODO UN DEUS SEXA HUMILLADO E CRUCIFICADO COMO UN LADRÓN PARA ENSALZARSE COMO REI PORQUE O SEU REINO NON É DESTE MUNDO.

POUCOS CRENTES SON CAPACES DE ALCANZAR O AMOR DO PAI QUE ENTREGA Ó SEU FILLOR POLA NOSA SALVACIÓN.
¿Cantos crentes teñen esto asimilado?
Non sei porque me parece que son moitos menos dos que parece.

Se os adultos -que nos confesamos cristiáns de toda a vida-, non estamos convencidos destas crenzas…
¿Qué lles podemos ofrecer ás xeracións futuras?
Ninguén dá o que non ten, non nos enganemos.

As novas xeracións son froito do exemplo que lles damos.
Son o noso fiel refrexo.

POUCOS CRENTES TEÑEN CLARO O VALOR DA DOR E DO SUFRIMENTO.
Non me extraña, a ninguén lle gusta; pero é unha realidade.
¿Poderíamos darlle un cambio de significado a esta realidade?

POUCAS PERSOAS ESTAMOS DISPOSTAS A LEVAR CON PACIENCIA A NOSA PROPIA CRUZ.
A cruz de cada día presenta múltiples caras.
Pódese levar con paciencia e tratar de darle un significado ou dar patadas contra o aguillón.
¿Qué será mellor?

POUCAS PERSOAS SON CAPACES DE ESTÁR Ó LADO DOS QUE SOFREN
Que lle pregunten ó persoal sanitario ou ó das residencias de anciáns.
¿Gustaríanos a nós que nos abandoaran soíños nun hospital ou nunha residencia de anciáns ou mesmo no noso fogar?
Seguro que non, pero a realidade dinos que son moitas as persoas que se atopan nesa triste situación.
¿Por qué será?
Porque non se pode dar o que non se ten.
SE NON SE TEN AMOR, NADA BO PODEMOS DAR.
Necesitamos cambiar o noso “chip”.
Precisamos cambiar a nosa vida.

CAMBIO DE VIDA, eso é o que precisamos.
Este será o título do seguinte artigo.
Estou convencida de que vostede ten presenciado máis dun caso dos que expoño anteriormente; pero tamén estou convencida de que vostede dá moito porque ten moito para dar.
Grazas
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES