Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vilalba: Albergue no Camiño Norte

lunes, 08 de mayo de 2017
A comezo dos anos sesenta, Cunqueiro percorreu o Camiño Francés desde Pedrafita a Compostela, vía de peregrinación desde había máis de dez séculos, da que a xente se esquecera. E cando lle preguntou a unha señora maior se pasaban peregrinos, ela respondeulle: Ai, si señor, que o ano pasado aínda pasaron dous.

Pero veu don Elías Valiña, crego do Cebreiro que resucitou o Camiño, e o conselleiro Portomeñe que tomou a peito a promoción das peregrinacións, e descubríu o Camiño Francés… e soubemos que antes houbo un Camiño Primitivo que viña desde Oviedo, e o portugués desde o sur, e o da Prata desde Sevilla, e o dos ingleses, desde A Coruña e Ferrol. E por fin, que había un Camiño do Norte que entraba por Ribadeo, e viña por Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, e pasaba por Vilalba… E eu xa era moito máis ca mozo cando souben que eu nacera á beira do Camiño, na Porta de Cima, porque por Vilalba pasaba un importante Camiño a Compostela.

Na difusión e percorrido destes camiños influiron moitos factores, algúns espirituales; os máis, materiais: o afán de aventura, o exercicio físico, a ledicia do turismo, sen esquecer a visita piadosa á tumba do Apóstolo benamado de Xesús.

E a perspectiva económica do Camiño fixo nacer hospedaxes e albergues, oficiais ou privados, e bares e restaurantes, e servizos de transporte, de xeito que agora o Camiño é, declarado Patrimonio da Humanidade, a primeira industria de Galicia, revitalizando os lugares por onde pasa.

Digo todo isto porque me alegrou saber que en Vilalba, na rúa Pita da Veiga, fronte do auditorio e a Casa parroquial, ven de abrir as súuas portas un albergue de peregrinos, privado, que se chama As Pedreiras polo lugar onde se sitúa, e que queda mesmo ao lado da Porta de Cima e a uns metros da igrexa parroquial.

Que abra un negocio sempre é unha boa noticia. Que sexa un albergue de peregrinos, en Vilalba, quere dicir que o Camiño vive, que hai peregrinos, que hai que atendelos, e que eso é bo para os vilalbeses e para Vilalba. Pois alégrome. Porque o que é bo para Vilalba é bo para todos os vilalbeses – mesmo os que estamos espallados polo mundo-, e é bo para ese fenómeno socio-económico-cultural-turístico-relixioso que se chama O Camiño de Santiago.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania