Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Atrancos ás axudas do viñedo

lunes, 08 de mayo de 2017
Atrancos s axudas do viedo O venres espertei coa nova de que a Consellaría do Medio Rural se nega a dar axudas ó viñedo por culpa das xeadas de hai máis dunha semana. Se digo que quedei alucinado mentiría un chisco porque xa lera outras manifestacións de que tal estamento non estaba para a labor, é dicir, que non me colleu de sorpresa. Claro que aínda que a conselleira non houbese comentado nada, eu xa desconfiaba de que todo sería auga de bacallau, e máis partindo dunha (seica) filla de labregos, porque no noso país sempre fomos así de chulos e tiramos as pedras contra o noso propio tellado.

Medio Rural enténdese que está aí para apoiar precisamente ó campo e non para poñerlle atrancos como llos está pondo. Parece mentira que unha filla de labregos non queira ver agora a problemática do campo. Un deses atrancos ás axudas do viñedo semella que é porque, en proporción, os danos non son tan cuantiosos, que tan só veñen alcanzando un 30% en todo o Ribeiro. Pero non analizan que a moitos viticultores o dano foi do 100 por 100. E esta xente do 100 por 100, ollo ó dato, non só van perder a colleita deste ano, senón que xa veremos se conseguen recuperar algo, e digo algo, para o seguinte.

Ese mesmo venres, pola noite, asistín a unha reunión sobre esta catástrofe (señora Ángelez Vázquez, aínda que lle custe asimilalo, foi unha auténtica catástrofe) e confeso que quedei impresionado pola cantidade de xente á mesma (coidadiño entón co do 30%) e pola preocupación que se vía debuxada nos seus rostros. Repito, non é a perda dun só ano. Así é que, filliña ¿agricultora?, non queda outra que manifestarse.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES