Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un ramo na vida dos nosos maiores

lunes, 08 de mayo de 2017
1. Estamos de centenario. 1917. Foron as aparicións da Nª Sª a Virxe María en Fátima a Lucia, Xacinta e Francisco en Leiría Portugal.
2. A Fátima nós peregrinamos no 06-06-2013. E xa antes.
3. Estivemos na misa e procesión dos enfermos e das candeas.
4. No ano 1953 vós mesmos empezastes esta festa de Fátima aquí. Trouxestes dela unha imaxe fermosa. Artista: o ferrolán Feal.
5. Sodes moitos os que gardades memoria. Erades novos. Aquela xente nova da que tan ben falou e á felicitou o bispo, D. Mariano Vega.
6. Somos familia. As cousas da familia celébranse en familia. Non queremos perder a nosa festa da Fátima. Hai anos que a deixamos.
7. Este ano en clima de festa familiar ímola celebrar aquí en Mandiá:
Cos nosos anciáns.
Día da nai e das avoas.
Día de Ramos na Santa Cruz de maio en cada persoa.
Colaborando todos coa nosa presenza amorosa.

OBXECTIVO:
Celebrarmos a vida dos vivos e a memoria dos anteriores
Volver á vida da parroquia aínda que só sexa por un día. Saír das casas e sabermos uns dos outros. Vérmonos fisicamente.
Non perdermos as caras. Se nos encerramos perdémonos de vista e perdemos vida.
Unir o mundo dos maiores e o mundo dos novos.
Festexarmos xuntos e falármonos con paz e tranquilidade.
Recordarmos agradecidos aos nosos anteriores.

PROGRAMA.
DÍA 13 DE MAIO DE 2017. SEIS DA TARDE. MISA.
Día da nai. Celebración da chegada da imaxe a Mandiá na misión do 13 e 15 de novembro de 1953. Recordo dos nosos.

DÍA 14 DE MAIO DE 2017. CINCO DA TARDE: CONVIVENCIA-FESTIÑA-MERENDA cos nosos anciáns máis anciáns. Entrega dos Ramos na Igrexa Parroquial como agradecemento emocionado aos nosos maiores que o tendes ben merecido.

MANDIÁ 2017: A NOSA SEÑORA DE FÁTIMA. LEMBRANZA.
Un ramo na vida dos nosos maiores
SANTA VISITA PASTORAL Á PARROQUIA DE STA. UXÍA DE MANDIÁ
13 DE NOVEMBRO DE 1953, FEITA POLO BISPO DR. D. MARIANO VEGA MESTRE


XAQUÍN CAMPO FREIRE (Publicado na web www.mandia.es )

"Nesta data o Excmo. E Rvdmo. Sr. Bispo, D. Mariano Vega Mestre, visitou a Parroquia de Mandiá.
Foi recibido por unha multitude de fieis nas cercanías do templo parroquial, que se dirixiron logo todos en ordenada procesión.... Falou da unidade da Igrexa da que todos formamos parte.

Invitou a intensificar a vida de piedade e propuxo como medios a Comunión frecuente e a devoción a Stma. Virxe María, rezando cada día o Sto. Rosario en familia. Invitou ós cabezas de familia a inscribírense no Libro do Sto. Rosario, que se abrirá na Parroquia. Celebrou misa, mentres un padre misionario explicaba ós fieis as diversas partes da misa. Comungaron numerosas persoas.

Visitou o Cemiterio, o Santísimo, a pía bautismal, os confesionarios, os altares e outras dependencias do templo. Revisou os ornamentos e obxectos do culto sagrado. Despois da conveniente explicación e instrución catequética e exame de confirmandos o Excmo. Prelado confirmou a cincuenta e seis nenos e a cincuenta e oito nenas.

Ultimamente o Sr. Bispo facultou ó Rvdo. Sr. Cura Párroco e ós Padres misionarios para bendicir a imaxe da Nª Sª de Fátima, que se efectuará o próximo domingo, día quince, e para a que regalou á xente nova, encargados de arrecadar fondos para mercar a imaxe, cen pesetas.

Fixo un chamamento sentido ós país de familia para que coiden da instrución catequética dos seus fillos, advertindo que é un pecado descoidar este sagrado deber que lles é propio. Ordenou que se retiren dos altares as figuras de cera".

Nota: Este texto está tomado do Libro de Fábrica de Santa Uxía de Mandiá 1893-1968. Era Párroco, xa moi anciano, o benquerido D. Xosé Balseiro Quirós. Finou en 1956.

ANO 2017. “IMOS PÓR UN RAMO NOVO DE VIDA NA NOSA PARROQUIA POÑENDO UN RAMO NA VIDA DOS NOSOS MAIORES”.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES