Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De copas

jueves, 03 de mayo de 2007
Ir de copas, en tempo era un fenómeno masculino plural, como remate dunha cea xeralmente de negocios. Hoxe ir de copas é o máis natural en calquera xénero e idade, poñamos que a partir dos catorce anos.

As copas comezan tarde, moi tarde. E os rapaces saen ás doce da noite da casa para volver ben entrado o día, tanto de inverno como no verán.

E cada cidade ou pobo que se precie ten a súa xeografía de copas, que pode ser un barrio ou sector, ou varios distribuidos estratexicamente para que o desprazamento entre un e outro sexa un aliciente máis á hora de pasar o tempo entre consumición e consumición.

O que é xeito de divertirse para a xente nova, e negocio excelente para o correspondiente sector do gremio de hostelería pode ser grave problema para os residentes na zona "da movida", porque o comportamento dos que van de copas deixa bastante que desexar en canto a convivencia cidadá.

De Vigo comentan que hai moitos veciños que se ven obrigados a mudar temporal ou definitivamente de lugar de residencia por non soportar o ruído dos que van de copas o fin de semana. De Lugo chega a promesa electoral do Alcalde Orozco que, de sair reelixido, tomará en serio este problema e prohibirá o botellón na rúa.

É un problema. De civismo, de educación, de ambiente, de familia. Porque todo é perfectamente compatible, o lecer sexa á hora que sexa, co moderado consumo de alcohol, e coa vida normal das xentes do contorno. Todo o que se salla deste esquema é un problema de orde pública que as autoridades competentes teñen que resolver.

É totalmente lícito irse de copas. Sempre que estas copas non as paguen logo tódolos demáis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES