Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con código xenético teatral

viernes, 05 de mayo de 2017
Testemuñas da memoria:
Con código xenético teatral

Con código xenético teatral
A pesar de que xa vai para medio ano que os vin actuar na casa da cultura da Valenzá, aínda hoxe os teño metidos na memoria, tanto ó dúo protagonista como a propia obra: “Rosalías: Unha vida de luces e sombras”. O dúo protagonista da compañía Teatro Antroido son nai e fillo. O nome da nai, Laura Ponte, quizais sexa para algún algo engañoso, porque con ese mesmo nome tamén anda por aí unha famosa modelo galega. Este molgués que escribe, a maioreas de coñecer á modelo, si sabía que esta tal Laura Ponte que nos ocupa era actriz, aínda que, ó mesmo tempo, recoñezo que descoñecía a súa relación con Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo galego ó que se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2013, que xa é dicir. E o fillo de Laura Ponte máis Roberto Vidal Bolaño é Roi Vidal.

Os dous xa sobre o escenario empezaron a representar unha morea de textos de e sobre Rosalía de Castro para intentar espallar unha imaxe renovada na que a autora padronesa non é esa muller sensibleira e romanticona co0mo se lle coñece, senón unha intelectual feminista comprometida coa análise da sociedade do seu tempo.

A compañóa Teatro Antroido naceu no xaneiro de 1974 da man de Roberto Vidal Bolaño e Xaquín García Marcos. Axiña, nese mesmo verán, xa entrou a formar parte da mesma laura Ponte. Catro anos máis tarde estrean, como primeira compañía profesional en galicia, a obra “Laudamuco, señor de ningures”. Despois seguirían unha ducia delas dirixidas por Roberto, cunha estética particular e renovadora baseada na utilización teatral de diferentes tradición e xéneros, realizando espectáculos diversos formatos e públicos, incluído o infantil.

Pasado o tempo, Teatro Antroido propón un teatro de reflexión e de forte imaxinería visual no que se normalice a cultura galega. E así pon especial interese na aparición de novas voces e tendencias para enriquecer a tradición teatral autóctona.

Volcándome xa na nai e no fillo, nos dous actores que tiven diante min na Valenz´ña, direi que Laura Ponte Santasmarinas naceu no outro lado do charco, máis en concreto en Bos Aires no 1958, e que é moito máis que unha cara bonita. Empezo como creo que empezan todos os actores que acaban sendo bos: con pequenos papeis no teatro a mediados da décado dos 70 e así, pouco a pouco, converterse nunha habitual nas montaxes do Centro Dramático Galego. No ano 1980 protagonizou o telefilme “Cristian” producido polo ministerio de Asuntos Exteriores de Alemaña. Desde mediados dos 80 ata hoxe traballou en diferentes curtametraxes en Galicia e algunhas longas, das que coñecemos principalmente, “Urxa”, “A noiva de medianoite”, “León e Olvido” e “Todo é silencio”.

Ó seu fillo, a Roi Vidal, é normal que lle saíra a veta dramática, tendo de pais a eses dous mestres teatrais. Naceu en Santiago en 1982, onde viviu ata a adolescencia. Pasaba case todas as fins de semana na casa da súa avoa maternal, porque os seus pais adoitaban traballar e non podían facerse cargo del (e xa sabemos como son os traballos das pequenas compañías teatrais: de aldea en aldea e de praza en praza).

Nesas fins de semana xa mamaba da súa afección e montaba escenas cos bonecos de Playmobil. Confesa que o que máis recorda da infancia son os carteis, bonecos e máscaras que enchían a súa casa (a ver!...) ou a música que Emilio Cao compuxera para o “Touporroutou da Lúa e do Sol”.

Fixo EXB no colexio Pío XII e empezou a participar moi activamente na actividade de Teatro de Ferradura Aberta, que era un campamento urbano organizado polo concello da capital de Galicia e que enchía de actividade as tardes de verán na Alameda. Coa nai non lle quedaba outra que compartir intensas xiras nas que, confesa, que o pasaba divinamente. Licenciouse en filoloxía galega e estudou dirección de escena na ESAD. Leva escritas e dirixidas varias obras. Quizais o seu mellor mérito está en que, a pesar de ser fillo de quen é, el soubo buscar o seu sitio propio. Como debe ser.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES