Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luís Vázquez Muñiz

viernes, 05 de mayo de 2017
Hoxe, ao Orfeón Lucense (tamén aos queridos compañeiros do Coro de San Francisco Javier), correspóndelle a difícil tarefa de cantar para despedir a un amigo, a un dos nosos, a un querido compañeiro de moitos tempos, moitos traballos, algunhas dificultades e moitas alegrías.
Luís Vázquez Muñiz
O labor dun colectivo musical é disfrutar do exercizo da voz, de cantar, cumprindo o que aprendimos de pequenos de que rezar é “levantar o corazón a Deus”. Pois nós rezamos cantando, para pedir, pero tamén para darlle gracias ao Altísimo, especialmente cando cantamos en recintos sagros coma este; especialmente cando cantamos en momentos coma este.

Hoxe cantamos rezando para pedir e para dar grazas. Para pedirlle Luís Vázquez Muñizao Señor que acolla no seu seo ao noso compañeiro Luis, e tamén para darlle grazas por tantos anos de amizade e convivencia co noso amigo Luis.

Primeiro era Luis do Banco Exterior, e así o coñecín hai xa preto de trinta anos… Pero daquela e sempre era xa Luis do Orfeón Lucense, un dos máis veteranos. Un dos procedentes dos tempos afortunados nos que Don José Castiñeira refundou este Orfeón para deixárnolo en herdanza a todos os que íbamos tengo algo que ver cun colectivo senlleiro que conforma unha gran familia, que ten por norte elevarnos conxuntamente por medio da harmonía da canción; por medio da expresión colectiva, igualitaria, de erguer os corazóns e deixar que a música nos invada, flúa, e nos transporte a un mundo musical, case perfecto.

Luis era cantor solidario, responsable, serio, amigo… amigo de todos; absolutamente de todos. Nunca lle escoitamos unha palabra discordante… Sempre no seu lugar de home bo, responsable, ao que se podía acudir para falar e para pedir axuda. E consello. E tranquilidade. Durante moitos anos foi o responsable da economía do Orfeón, e nunca como entón tivemos organizadas as sempre precarias finanzas dun colectivo sen ánimo de lucro pero cunha complexa organización e funcionamento.

Hoxe, todos vós sodes testemuña, cantamos por Luis, cantamos a misa de Don José Castiñeira, que tanto lle gustaba, cunha aportación extraordinaria do noso Director, Marcos Fernández Mosquera… xa dixemos que para pedir e para dar as grazas. Quizais porque en vida nunca lle demos as grazas a Luis pola súa constancia, pola súa presencia, pola súa dedicación… E neste momento en que todo parece rematar para Luis, pero en realidade todo comeza, cantamos tendo partido o corazón, pero tendo moi presentes os moitos anos nos que Luis nos aportou a voz e a bonhomía, facéndonos saber que cando cantamos non é a voz o máis importante, senón a alma.

Cantando, xuntámonos á súa familia –a súa muller, as súas fillas e xenro, o seu neto, seu irmán… e decísmoslle adeus – en realidade, ata sempre- a Luis, o compañeiro da voz, do corazón, e da alma!.

(Oración por LUIS VÁZQUEZ MUÑIZ o 17 de abril de 2017 na Igrexa de A Nova-Lugo. Xulio Xiz é Presidente do Orfeón Lucense)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES