Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A arquitectura social de Alejandro Aravena

miércoles, 10 de mayo de 2017
É venres, 28 de abril, érgome pola mañá e almorzo coa nova dun desafiuzamento que pode derivar nun suicidio. Sigo todo en directo, en telecinco. Iso forma parte da efémera crónica de sucesos do día a día. O caso é que a televisión convence a un fillo que ten a cargo a súa nai enferma de que non faga unha toleada. O meu cabreo é supino fronte ao carácter infrahumano da xustiza. Resulta que un prestamista ao que, digo eu, que se lle poderá chamar usureiro sen faltar ao respecto dado que se lle absolveu do delito de estafa por prescrición do mesmo, estafou a centos de familias deixándoas en grave situación de vulnerabilidade.

Fronte a esta esterqueira social, atópome coa humanidade de Alejandro Aravena, un arquitecto chileno ganador do Premio Pritzker 2016, que atopou a súa misión vital no feito de construír vivendas a baixo custo intentando erradicar as favelas.

A súa técnica é empezar polo máis sinxelo, por cubrir a necesidade básica e, despois, ir medrando e conseguindo maiores comodidades de acordo coa mellora da situación económica. O importante é primeiro cumprir co dereito humano, procurar o benestar xeral da familia en situación de vulnerabilidade pero a arquitectura de Aravena pensa máis alá, pensa que a vulnerabilidade é unha situación temporal, non ten porqué ser definitiva e toda persoa ou familia ten dereito a ter e construír as súas aspiracións.

Máis alá da técnica arquitectónica que utiliza Aravena, que se pode ver en internet, é importante destacar a súa conciencia cívica e a importancia de que esta conciencia faga escola e se traslade a todas as profesións que teñen na súa man mellorar a vida do entorno que lles é propio. A arquitectura social de Alejandro Aravena transcende á súa profesión para dicirnos que todos podemos construír unha sociedade mellor desenvolvendo o noso perfil profesional dunha maneira solidaria.

A pregunta é: que e como podemos aportar o noso grao de area ao xeito de Alejandro Aravena?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES