Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Co gallo das Letras Galegas: o ilustre ignorante

jueves, 04 de mayo de 2017
Calquera que me conoce sabe que escribo fundamentalmente en castelán. A cousa é doada de entender: a miña formación de rapaz foi nise idioma e o meu mundo laboral case tamén. Ilustres galegos coma Valle ou Cela non perderon isa ialma galega por máis que algúns os rechacen. Para mín son máis xeniais que moitos declarados ”inmortais” polos que usan antiparras ideolóxicas.

Pero, de cando en vez, cómpre poñer as cousas no seu sitio e reafirmar o noso amor ó galego, non vaia ser que certos sectores manipuladores, poidan negar o que acó afirmo de xeito claro: “Son galego e amo o noso idioma con amor de fillo”. Varios dos meus poemas falan diso e ata se pode ler na miña casa unha lousa na que alguén escribeu: “O galego que non fala a língua da súa Terra, non sabe o que tén de seu nin é merecente dela”.

Ven toda iste introducción a conto porque, de cando en cando, certas persoas que levan vivindo na Terra toda a vida e que forman parte de diversas crases sociais, non só a crase media como denuncia Manuel María, renegan do galego con unha xenreira tan agresiva que os leva á violencia verbal, e se cadra física, contra aqueles que argumentamos as cousas máis sinxelas:

¿ Nunca dixeches miña mai ou meu pai? ¿Nunca oiches mariñeiro, labrego ou viño? ¿Non sabes o que é a auga?... pois son verbas de uso diario na vida da xente en Galicia.

Curiosamente, é moi posible que as use ise ilustre ignorante que sempre está a negarlle o pan e o sal ao noso idioma: “¿A dónde vamos hablando gallego?” Pode ser unha porta en milleiros de fogares de fala lusa, pero, sen dúbida, é a mellor ferramenta para coñecer a nosa cultura. Claro, hai que querer coñocela e por iso falo de “ilustre ignorante” referíndome a ises que só se ilustran lendo “A Voz de Galicia. E non toda. ¿Los alumnos de otras comunidades aprovechan el tiempo que aquí dedicamos al gallego a estudiar otras asignaturas?

O mellor medio de comunicación é a lingua materna e en Galicia a lingua materna, mal que lles pese, é o galego. A máis, profundizar no coñocemento do medio en que o rapaz se desenrola, é a mellor porta para romper as fronteiras do fanatismo e recoñocer os valores alleos. Tamén, dado que o futuro do rapaz claramente e desgraciadamente está orientado á emigración, cómpre levar os miolos cheos de amor ó noso e abertos para enriquecemento no fogar de acollida.

¿Qué asignaturas e perda de tempo teñen os que amosan unha formación integral na súa Terra? Ningunha. Claro, falamos de formación integral, non de barniz cultural, que é ao que aspiran os ilustres ignorantes. Resulta curioso o interés por aprende-lo ingrés, cousa por outra banda necesaria para desenvolverse noutros países e sobre todo para o uso da tecnoloxia, e por outra banda o ataque sistemático dos propios galegos ao noso idioma.

Un, que mamou no ensino o amor ao noso dun xeito integral, da man de Alonso Montero ou FreixedoTabarés, que leu a Castelao e outros poucos ou moitos libros da nosa xente, sabe o que ten de seu para ser merecente de isa Lingua fermosa, garimosa, tenra, doce…que o “ ilustre ignorante”, ise que berra sen argumentos, ise que rexeita a fala dos seus e aldraxa sen misericordia aos que pensamos distinto, ise que prefire a televisión a saber o que pensaban sobre a vida, non só Rosalía, Curros ou Pondal, senón outros moitos, cos que non están obligados a coincidir ideolóxicamente, só faltaría, pero aos que rexeitan cunha soberbia atrevida que só os ignorantes poseen.

A máis diso, cómpre salientar complexos de inferioridade, servilismo diante as crases dominantes, postura de distanciamento coas crases sociais baixas, ínfulas culturais falsas ou cando menos contradictorias, perxuizos sen basamento…
Máis todo o que levo argumentado a prol do idioma, cómpre dicilo tamén, non ha servir aos radicais para o seu uso partidista ideolóxico, nin para xustificar intransixencias de ningún tipo; o galego deféndese amándoo e escolléndoo como opción de amor ó noso. Que haxa ilustres ignorantes e que presuman de selo só é un problema deles, aínda que nos doa convivir con iles. Sempre nos queda soñar con que pensen un pouco.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES