Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas que avanzan

jueves, 04 de mayo de 2017
Realmente todos intentamos avanzar; pero cada persoa ten o seu ritmo e a súas circunstancias persoais.

-HAI PERSOAS QUE SABEN SORTEAR OS OBSTÁCULOS DUN XEITO EXEMPLAR.
¿Coñece vostede persoas que se abriron camiño na vida a base de loita, esforzo e privación?

-PERSOAS QUE ARRISCAN.
¿Non existen persoa ousadas que loitan por un soño e non paran ata que o conseguen?

-PERSOAS QUE SAEN Ó TERREO DE XOGO DA VIDA POÑENDO TODO O SEU TESÓN:
*Estudiantes.
*Pais e nais de familia.
*Anciáns que disimulan os seus achaques e tiran ata máis non poder.

-PERSOAS QUE AVANZAN A PESAR DE SEREN MOI CENSURADAS POR OUTRAS CANDO FAN UN BEN SOCIAL.
Este tipo de persoas atópanse con moitos atrancos.
Ata hai quen lles di:
“O non ter que facer…”
Pero elas fano porque lles lles sae do corazón e ata lles produce pracer.

-RAPACERÍA EXCELENTE CONSIDERADA POR MOITOS COMO “RAROS”, CANDO SON COMPLETAMENTE NORMAIS; COMO DEBERÍAN SER TODOS.
Rapaces e rapazas así non son todos.
* Só os que teñen máis valor para botarlle á vida.
*Só os que teñen quen lles dea un empuxonciño.
*Só aqueles que foron criado nunha familia con valores

-PERSOAS, que non teñen ningún medo ó que dirán os outros, persoas QUE NON SE AVERGONZAN DAS SÚAS CRENZAS, DOS SEUS PRINCIPIOS, DE CONSERVAR AS TRADICIÓNS, DE SEREN COMO SON.
Saben que son censuradas, criticadas e algunhas veces calumniadas, pero elas perseguen o seu reto, porque teñen as ideas claras.

-PERSOAS QUE SE ESMERAN EN SACAR BRILLO Ó SEU POTENCIAL.
Saben que se lles dá ben facer esto ou aquelo e poñen os seus méritos a disposición dos outros: parentes, amigos, coñecidos, descoñecidos…
¡Tanto lles ten, o caso é facer ben!

-PERSOAS QUE DERROCHAN ENERXÍA POR ONDE QUEIRA QUE VAIAN.
Sempre te reciben cun sorriso, independentemente de que teñan un día bo ou malo ou de que lles caias ben ou mal.
Sempre dispod¡stas a botar unha man.

ESTE TIPO DE PERSOAS SON O SOSTÉN DO MUNDO.
SON MONUMENTOS HUMANOS.
Merecen todo o noso aprezo e todo o noso respeto porque o seu norte está en ter para compartir porque ninguén dá o que non ten.

“NINGUÉN DÁ O QUE NON TEN”
Este será o título do seguinte artigo.

Grazas a cantas persoas saen á palestra da vida dando o mellor de si en benficio da Humanidade.
Elas son a nosa esperanza.
Grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES