Moito e pouco
Xiz, Xulio - martes, 01 de mayo de 2007
No Ourol dos meus veráns infantís había unha fonte Fonte Pouca que deixaba moi claro o concepto.
Lembreino cando vin dúas mulleres de idade que contaban as súas penas a un amigo, e unha delas afirmaba Alegrías, poucas, evidenciando que no cómputo vital gañaban ostensiblemente as penas.
Pola rúa, vexo un xubilado da banca ó que felicito pola súa liberdade, que él califica de coenxía, con significado de cargo de pouco traballo e moito proveito. Implícita diferencia entre os dous termos.
Pero a máis clara diferencia atópoa na actualidade política lucense, que se reflicte na enquisa de La Voz que lle aumenta un concelleiro a Orozco nas próximas eleccións a costa do PP, ou noutra enquisa que cifra este aumento en dous, restándolle un ó PP e outro ó Bng.
Falta un mes para as eleccións, os sondeos son só eso, e hai un importante número de indecisos, pero catorce ou quince concelleiros de vintecatro son moitos concelleiros, e poucos os que lles quedan ás outras dúas forzas, aínda que puideran sumarse.
Fontes, alegrías, votos. Coenxías, enquisas, eleccións. Moitos e poucos sempre.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora