Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa case dá igual

martes, 02 de mayo de 2017
O venres pola tarde escribía encol das redes sobre trata de persoas, máis en concreto de nenos, coa intención de mandar o escrito a este Recuncho Hebdomadario; algo que tiña intención de facer pola noite. Pero, non sei por que, dei pé a que chegara o sábado. Este día, ata a noite, non podo facer nada (nin escribir nin tan sequera acender o ordenador para mandar escritos ó xornal), porque hai que marchar para a aldea ou o que é o mesmo ir traballar á viña. Xa ía sobre aviso (os sogros estiveran comigo o venres pola tarde) da desfeita que a xeada do xoves pola mañá fixera na viña.

De camiño pensaba en que ó mellor non era para tanto, que en tal caso atrasaría o crecemento das vides, pero nada máis. A proba é que ía armado coas "grampadoras" coa intención de atar, xa que a rama, en cada día que pasa, medra e medra a máis non poder. Cando a muller e máis eu, incluso xa antes de entrar na viña, a uns 50 metros da mesma, vimos unha negrura inmensa, axiña notamos como a alma se nos caía ós pés.

E foi entrar na finca para darse de conta de que os sogros se quedaran curtos coa análise da catástrofe. Non esaxero se digo que a puta xeada liquidioume a viña toda, queimouma enteiriña. Absolutamente toda. Non se salvou ningunha cepa das máis de 3.000 que ten a Costa da Gándara. Catástrofe incrible! Ruína total!

Logo de xemer coa impotencia, non quedou outra que largar a mercar algún sulfato especial para mirar a ver se hai opción de recuperar algo; que non creo.

Acababa de sulfatar cinco días antes. Volvina sulfatar xa pola mañá con Sipfol Max e Orthocide. A ver que pasa. Pero xa case dá igual; a tristura, a amargura, a consternación e a carraxe déixanme totalmente apático.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania