Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tremores e ouveos

miércoles, 03 de mayo de 2017
Seica van alá 20 anos daquel terremoto de maio que nos deixou a todos tremendo de medo. Foi unha noite moi longa na que deixaron de existir os valentes para unirnos nos descampados e compartir a terrible incerteza de non saber, de non poder prever e de non poder defender á nosa xente contra a natureza.

Lembro que foi unha noite de frío moi dura de pasar nun coche e lembro, tamén, que os cans empezaron a ouvear dunha maneira distinta. Nunca os sentira ouvear dese xeito. Ouveaban perdidos, querendo espantar unha ameaza invisible. Nun intre os ouveos fixeron un coro incerto que retumbaba en toda a aldea. Eran os anunciadores das pequenas réplicas e abofé que acertaban. Os cans sentían antes que nós os tremores. Aprendemos a escoitar os cans. Xa non era o mesmo ladrar que ouvear. O ouveo semellaba dicirnos “escoitade á terra” e, dalgún xeito, protexíanos da adversidade. A verdade é que chegamos a “escoitar vir” algunha que outra réplica.

Máis alá deste “coro” a noite enrareceuse e ficou un ruído ameazante que nunca escoitaramos. Entón comprendemos que os ouveos eran un bo aviso.
Despois, durante un tempo moita xente íase a durmir despois de preparar un “dispositivo de terremotos” e incluso houbo quen fixo un refuxio polo que puidera pasar.

O tempo calmou o medo e a rutina converteuno nunha anécdota mais aquela sensación de impotencia volve con cada réplica. Proba disto é que a do 17 de abril suscitou no grupo de facebook de “Eres de Lugo si...” máis de 200 comentarios nunha hora. A memoria segue viva e o medo que agroma nestas situacións confírmanos como amantes da vida. Da mesma vida pola que ouvean os cans...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES